Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Cultura garante a dinamización e competitividade das industrias culturais galegas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria garantiu no Parlamento de Galicia o seu compromiso co avance das industrias culturais galegas a través dunha acción eficiente dirixida a reforzar a súa dinamización e competitividade.

O director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil, compareceu a petición propia na Comisión 4ª, de Educación e Cultura, para dar conta da execución das liñas de actuación do organismo, a curto, medio e longo prazo, no beneficio das empresas dos sectores audiovisual, escénico e musical de Galicia, así como dos instrumentos e recursos concretos que se aplicarán para incidir na mellora da súa actividade e na máis ampla difusión dos seus produtos.

Sutil Nesta, que desenvolveu a súa intervención a partir da constatación da importancia das industrias culturais e creativas galegas, así como do “inmenso talento –dixo- que reside no sector e no seu potencial para o impulso da innovación cultural, económica e social”, realizou unha detallada diagnose dos principais problemas acusados na actualidade, aos que asignou programas específicos dirixidos á súa solución mediante “unha planificación realista e responsable, tendo en conta a actual situación económica de crise”, engadiu.

Tres vías de actuación

A Agadic adoptará tres vías de actuación fundamentais destinadas a favorecer a situación das industrias culturais galegas, como son a de posibilitar o acceso ao financiamento e recapitalización para que as empresas poidan traballar sobre estruturas máis sólidas; a da diversificación e ampliación da demanda á que se dirixen os produtos culturais por medio do incremento dos mercados potenciais; e a da posta en marcha de accións concretas de promoción para que as empresas poidan competir en mellores condicións nas plataformas locais e globais.

Tales cometidos levaranse a cabo ademais en conxunción coas liñas programáticas xerais da Consellería de Cultura e Educación no que se refire á preservación e posta en valor da pluralidade cultural galega, o afianzamento da relación entre economía e cultura, a formulación dunha estratexia transversal para a proxección; e o impulso dunha nova política cultural baseada na racionalización do gasto e na cooperación.

O director da Agadic expresou a obriga da administración para non só garantir as estruturas básicas que proporcionen aos profesionais a maior estabilidade posible, senón tamén para facilitar os instrumentos adaptados ás novas necesidades e demandas da sociedade para encarar con éxito os retos do futuro. Neste sentido, cualificou a nova ubicación física da Axencia dentro da Cidade da Cultura como “clave no desenvolvemento das súas liñas de acción nos vindeiros anos, en tanto que supón unha contribución fundamental –apuntou- á creación de sinerxías e á organización de proxectos comúns”.

Liñas estratéxicas específicas

Jacobo Sutil debullou ademais as liñas estratéxicas destinadas especificamente a cada un dos dous grandes bloques das industrias culturais ás que se dirixe o ámbito de actuación da Agadic: o audiovisual e o escénico-musical.

Así, no tocante ao eido audiovisual, convocaranse novas subvencións á produción ou coprodución en lingua galega (como as de talento, que se publicarán proximamente no DOG), impulsarase o plan de internacionalización a través da presenza ns principais feiras e certames no exterior e realizaranse accións de difusión en colaboración con distintas mostras e festivais e a través da Federación Galega de Cineclubes. Tamén se porá en marcha nos vindeiros meses a Rede Galega de Cinemas, un novo programa que contribuirá á difusión dos nosos filmes fóra do circuíto comercial, e se deseñarán actividades de formación xunto a centros de ensino primario, secundario e universitario.

Para o caso das empresas de artes escénicas e musicais, a Agadic contribuirá á súa dinamización mediante o mantemento do funcionamento dos seus circuítos propios de exhibición do Rede Galega de Teatros e Auditorios, da Rede Galega de Salas e a Rede Galega de Música ao Vivo, nunha programación que contabilizará preto de 500 actuacións nuns 70 escenarios de 40 municipios galegos. A estas tres redes sumarase a partir de outubro o novo circuíto 'Troco x Troco' de intercambio escénico con Portugal, a través da achega de 32 funcións e de 8 espectáculos nos dous países.

Tamén incidirán neste eido as axudas á produción escénica, ao funcionamento de salas privadas, á distribución interior e exterior e á celebración de festivais escénicos e musicais.

A actividade das unidades de produción propias redundará así mesmo na normalización do exercicio profesional, na exhibición e na captación de públicos. O Centro Dramático Galego montará proximamente en réxime de coprodución 'Touporroutou da lúa e do sol', de Roberto Vidal Bolaño; e o Centro Coreográfico Galego estreará despois do verán un novo espectáculo para celebrar o 150 aniversario dos 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro.

Xa no ámbito musical, a política xeral de apoio da Agadic complementarase con accións destinadas ao fortalecemento do sector cara aos mercados exteriores, tales como a potenciación da marca Galician Tunes, a participación en eventos internacionais ou o aproveitamento da oportunidade de difusión que suporá a celebración na Cidade da Cultura de Galicia o ano que vén do Womex (World Music Expo).
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información