Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Troco x Troco, primeiro circuíto de intercambio teatral entre Galicia e Portugal con 8 espazos de exhibición

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou o programa 'Troco x Troco', o primeiro circuíto organizado de intercambio teatral con Portugal no que participan catro espazos galegos e catro portugueses nun calendario pechado de actuacións ata 2014. Oito compañías de ambos os dous países serán as encargadas de inaugurar esta iniciativa, no marco da que se ofrecerán un total de 32 representacións a partir de outubro en Narón, Ourense, Santiago de Compostela, Tui, Braga, Coimbra, Évora e Porto.

Cultura e Educación promove a posta en marcha deste proxecto a través dun acordo asinado entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Centro Dramático Galego (CDG) coa Cena Lusófona-Associação Portuguesa para o Intercâmbio Teatral. O obxectivo é recuperar e normalizar as relacións entre as escenas galega e portuguesa, de xeito que o diálogo teatral transcenda o ámbito exclusivamente profesional para implicar tamén os espectadores.

O Salón Teatro de Santiago, un dos espazos galegos integrados no novo circuíto, acolleu este acto de presentación, durante o que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, estivo acompañado polos representantes das compañías e dos teatros que dan forma a esta primeira edición de 'Troco x Troco', que en Portugal terá lugar entre os meses de outubro e novembro, mentres que en Galicia se estenderá ata o ano que vén en dúas quendas de programación: a primeira delas no último trimestre de 2013 e a segunda durante o primeiro semestre de 2014.

Representación galega

Pola banda galega interviñeron tamén Xosé Manuel Blanco, alcalde de Narón, concello que participa no programa co Pazo da Cultura; Moisés Rodríguez, alcalde de Tui, co Teatro Municipal Área Panorámica; Avelino García Ferradal, deputado de Cultura da Deputación de Ourense, polo Teatro Principal da capital ourensá; e Manuel Guede Oliva, director do Centro Dramático Galego (CDG), ademais dos directores das catro compañías galegas seleccionadas: Sarabela Teatro, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste.

Desde Portugal, desprazáronse ata a capital de Galicia os responsables da Cena Lusófona, así como das formacións 'A Escola da Noite' de Coimbra, Companhia de Teatro de Braga (CTB) e 'Seiva Trupe' do Porto que, xunto co Centro Dramático de Évora (Cendrev), actuarán en Galicia dentro desta primeira edición. Todas elas son compañías residentes nos catro teatros lusos que programarán espectáculos de Galicia: Theatro Circo de Braga, Cerca de São Bernardo de Coimbra, Teatro Garcia de Resende de Évora e Teatro do Campo Alegre do Porto.

Traxectoria consolidada

Estes catro espazos acollerán un total de 16 funcións de teatro galego e en galego, nunha excelente oportunidade para a proxección da nosa escena a través dalgunhas das compañías de traxectoria máis consolidada e recoñecida.

No país veciño, Sarabela Teatro porá en escena 'Rosalía. Os cantares das musas', unha montaxe construída a partir de dúas obras de Rosalía de Castro que percorreu nas últimas semanas diversas localidades de Galicia co apoio da Consellería; Teatro do Atlántico, 'A charca inútil', de David Desola; Teatro do Morcego, 'A función do tequila', de Manuel Guede; e Teatro do Noroeste, 'Touporroutou da lúa e do sol', versión desta obra de Roberto Vidal Bolaño para público infantil que coproduce co CDG dentro da programación dedicada ao autor protagonista este ano do Días das Letras Galegas.

Pola súa banda, a Companhia de Teatro de Braga chegará a Galicia coas montaxes 'Concerto "á la carte"', do dramaturgo alemán Franz Xaver Kroetz, e 'Sabe Deus pintar o Diabo', texto inédito de Abel Neves escrito ex profeso para a CTB; e Seiva Trupe, con 'Adivinhe quem vem para rezar', do autor brasileiro Dib Carneiro Neto; en tanto que A Escola da Noite e o Cendrev participarán en 'Troco x Troco' cos espectáculos que estrearán na vindeira temporada teatral.

O proxecto comezou a deseñarse a principios deste ano e, xa desde os seus inicios, contou cunha participación moi activa dos oito teatros implicados nunha iniciativa que tamén busca favorecer a racionalización da xestión administrativa no ámbito da difusión e da distribución escénica. O resultado é o desenvolvemento de sinerxías de traballo moi enriquecedoras tanto para os concellos como para as compañías e o público xeral.

'Troco x Troco', que o vindeiro día 20 se presentará no Porto nun acto a bordo da embarcación Ré Douro, nace con vocación de continuidade e de consolidación nas sucesivas temporadas a modo de ciclo cultural de Galicia en Portugal, e viceversa, a través de diferentes propostas multidisciplinares que complementarán a exhibición dos espectáculos no marco deste circuíto.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información