Un cartel da barcelonesa Mar Balcells Font anunciará a XXXV Semana de Cine de Lugo

elixir o cartel que anunciará a XXXV Semana Internacional de Cine de Autor.
A este Certame concorriron un total de 80 deseños procedentes de diversos
puntos de España optando ao premio en metálico (1.000€), trofeo, e a
designación do cartel para ser o elemento representativo da próxima Semanande Cine.
Formaron o Xurado representantes das institucións copatrocinadoras e
membros de Fonmiñá: Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial, pola
Deputación Provincial; María Dolores Moya Doménech, polo Concello de Lugo; María José Fernández, por Nova Caixa Galicia; Carmen Xove, pola
Universidade-Campus de Lugo; Manuel Gulín, pola Xunta de Galicia; e os
membros de Fonmiñá: Manuel Curiel (Director da Semana de Cine), Eduardo
Rodríguez Ochoa, José Manuel Guisasola, Carlos Rodríguez e Xulio Xiz
(Presidente).

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá