Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Cidade da Cultura enche os seus espazos con catro exposicións simultáneas

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou na Biblioteca de Galicia a exposición Rosalía de Castro. 150 º aniversario de Cantares Gallegos, organizada pola Consellería a través da Secretaría Xeral de Cultura e que conmemora os 150 anos da primeira edición da obra capital da escritora de Padrón. A mostra, centrada no poemario de Rosalía de Castro, propón un percorrido pola evolución da obra a través das súas edicións desde 1863 ata a actualidade, de traducións, de propostas críticas, de versións musicais e de diverso material efémero que permiten mergullarse nos seus versos e nas circunstancias que os rodearon nos seus 150 anos de existencia. No seu percorrido, o titular de Cultura e Educación estivo acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen inaugurou a mostra o pasado 5 de maio de 2013; e mais por unha representante da Fundación Rosalía de Castro, Ana Blanco.

Coa súa visita á mostra, o conselleiro reivindicou novamente a importancia que ten 2013 para a cultura galega, un ano no que se celebran o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos a través dunha densa programación froito da colaboración entre diversas institucións como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, entre outras. Vázquez recordou que a exposición sobre Rosalía permanecerá aberta ata o vindeiro mes de xullo, polo que aínda queda un mes para poder contemplar os exemplares singulares e de gran valor de Cantares Gallegos que configuran o percorrido pola historia editorial da obra. Deste xeito, Xesús Vázquez Abad animou a todas as galegas e galegos a achegarse ao Gaiás para contemplar as tres mostras que a Cidade da Cultura propón na súa programación: Rosalía de Castro. 150.º aniversario de Cantares Gallegos na Biblioteca de Galicia, Orinoco. Viaxe a un mundo perdido no Museo de Galicia e Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos no espazo do Arquivo.

Orinoco no Museo

Ademais da exposición Rosalía de Castro. 150 º aniversario de Cantares Gallegos' a Cidade da Cultura ofrece no Museo de Galicia Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, unha das mostras de arte étnica latinoamericana máis importantes do mundo que constitúe unha homenaxe excepcional á tradición cultural e ao patrimonio material das doce etnias que habitan o Amazonas venezolano. A mostra, inaugurada o pasado 27 de maio poderá visitarse ata o vindeiro 12 de xaneiro de 2014.

Patrimonio documentado no Arquivo de Galicia

Cómpre sinalar tamén a inminente inauguración da mostra 'Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos' que terá lugar o vindeiro venres 7 de xuño no Arquivo de Galicia. Con este discurso expositivo, a Xunta de Galicia concreta a súa celebración do Día Internacional dos Arquivos que o Consello Internacional dos Arquivos conmemora cada 9 de xuño desde 2007.

Esta exposición pretende contribuír á visibilidade e coñecemento do patrimonio documental que se custodia nos arquivos. A exposición, que permanecerá aberta ata o vindeiro 7 de outubro, busca ofrecer unha aproximación ao tema do concepto de patrimonio cultural, á súa evolución, especialmente desde o momento da creación das Comisións do Patrimonio Histórico e Artístico en 1844, así como á súa realidade da protección e intervención, na actualidade.

Ramón Conde nas Torres Hejduk

A mostra 'Emoción-Razón: A gran dualidade' de Ramón Conde atravesa os seus últimos días no Gaiás. Esta intervención artística a través da cal o artista ourensán volve valerse da arte para transmitir vivencias e estados emocionais poderá visitarse de balde ata o 9 de xuño. Ramón Conde ofrece unha reflexión sobre as forzas dos mitos, as relixións e moitas ideas sociais que non teñen máis realidade tanxible que a forza da convicción grupal.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información