Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Un volume dos Cadernos Ramón Piñeiro homenaxea a Roberto Vidal Bolaño

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, o volume XXV dos “Cadernos Ramón Piñeiro”, co que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da do departamento dirixido polo conselleiro Xesús Vázquez, lle rende tributo ao escritor homenaxeado con motivo das Letras Galegas 2013.

Durante o acto, García gabouse de que o CRPIH se sumase á celebración das Letras cun traballo de tanto interese e calidade. Referiuse ademais a Roberto Vidal Bolaño como un autor comprometido coa lingua do país e coa construción dun teatro profesional galego a quen se lle rende xusta homenaxe co XXV volume dos “Cadernos”.

Na presentación, o secretario xeral estivo acompañado polo profesor e crítico teatral, ademais de familiar de Roberto Vidal Bolaño, Manuel Quintáns Suárez; polo director científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Manuel González González e polos dous investigadores e codirectores dos Cadernos Ramón Piñeiro Luís Alonso Girgado e Xosé Luís Cochón Touriño.

Reflexións sobre o teatro

A publicación “Roberto Vidal Bolaño. Escritos sobre teatro” recolle reflexións do dramaturgo compostelán homenaxeado con motivo das Letras Galegas 2013 relativas á arte teatral, ora como espectador da escrita escénica doutros, ora como autor, director ou personaxe da súa propia montaxe. O caderno complétase con traballos de Luís Alonso Girgado, Manuel Quintáns, Xosé Luís Cochón e Gustavo Luca de Tena.

Os “Cadernos Ramón Piñeiro”

A colección dos “Cadernos Ramón Piñeiro” encádrase no proxecto de investigación homónimo que a Xunta de Galicia botou a andar no ano 2003. Dende esta data, os profesores Luís Alonso Girgado e Xosé Luís Cochón, co-directores dos Cadernos, levan dado a lume un total de 25 volumes centrados no pensamento e na cultura galegas e, nomeadamente, en escritores relevantes da nosa literatura. Entre eles están aqueles a quen se lles dedica cada ano o 17 de maio, cuxos textos inéditos ou correspondencia ven a luz nos Cadernos acompañados de breves pero valiosos estudos sobre a súa obra.

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
O CPRIH, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, ten a finalidade de promover, desenvolver e darlles difusión a proxectos galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos. Na actualidade, centra as súas liñas de investigación en lingüística con aplicacións informáticas, en prosa e poesía medieval, na recuperación e análise de publicacións literarias e en proxectos de antropoloxía referidos á identidade colectiva.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información