Inaugúrase a Feira do Libro 2013 en Lugo
O calendario das Feiras do Libro de Galicia chega a Lugo na semana das Letras Galegas da man da Federación de Librarías de Galicia e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ata o domingo 19 de maio, a cidade da muralla acollerá a trixésimo primeira edición da Feira do Libro de Lugo, que foi inaugurada esta tarde polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, nun acto que contou coa música do alumnado do Conservatorio de Lugo e mais coas actuacións das poetas María Lado e Lucía Aldao. Esta cita cultural é a terceira das 11 que conforman o calendario oficial das Feiras do Libro de Galicia 2013, promovidas pola Federación de Librarías de Galicia co apoio do Goberno Galego, para promover o sector editorial e fomentar a lectura entre a cidadanía.
Dentro da programación destacan as actividades dedicadas a Roberto Vidal Bolaño, co gallo do Día das Letras Galegas 2013, que este ano coincide coa celebración da feira. No marco da celebración desta data, Urdime Teatro representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte. Ademais, o propio 17 de maio terá lugar a Festa poética Xistral, un recitado de poemas e lecturas de Vidal Bolaño a cargo de poetas colaboradores da revista Xistral e outros poetas lugueses; e Ana Carreira representará Touporroutou, espectáculo baseado na obra de teatro infantil do dramaturgo galego. Contacontos, obradoiros, presentacións de libros e encontros literarios completan as actividades que se desenvolverán arredor da feira ata o 19 de maio.
Feiras do Libro de Galicia
Tras a posta en marcha do novo calendario de Feiras do Libro 2013 coa Feira do Libro de Ferrol e da súa continuidade na cidade de Compostela, a Federación de Libreiros de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levan unha nova celebración á cidade de Lugo. Logo do seu paso por Lugo, as Feiras do Libro chegarán a Ourense (4 - 9 de xuño), Vigo (28 de xuño - 7 de xullo), A Coruña (1 - 11 de agosto) e Viveiro (13 - 16 de agosto). As novas citas que este ano apoia a Xunta de Galicia serán as de Pontevedra (21 - 26 de maio), Rianxo (25 - 27 de xullo), Foz (17 - 20 de agosto) e Monforte (22 - 25 de agosto).
A colaboración entre a Xunta e a Federación de Librarías renóvase este ano co obxectivo de darlle un novo pulo a estes eventos como focos dunha variada oferta cultural para todos os públicos e como unha oportunidade de difusión da actividade do sector editorial. Así, paralela á actividade das casetas, as Feiras do Libro 2013 contan cun completo programa de actividades culturais, artísticas e de animación de rúa, entre outras, para a dinamización efectiva destes eventos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia