Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Universidade de Belgrano difunde a cultura e lingua galegas

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e mais o presidente da Fundación da Universidade de Belgrano, Avelino José Porto, subscribiron un convenio de colaboración, estratéxico para o ensino do galego e a difusión da nosa cultura na Arxentina, e que vén estreitar os lazos establecidos entre a Xunta de Galicia e este centro universitario. Asemade, Vázquez Abad fixo entrega de documentación das tres universidades galegas e iniciou contactos cos responsables da institución para chegar a un acordo de base que estableza futuras liñas de cooperación para procurar o incremento da calidade da formación universitaria e de uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Neste sentido, estas conversas iniciais terán continuidade con contactos técnicos para avanzar nun protocolo de colaboración conxunto. A sinatura produciuse no marco da viaxe institucional á Arxentina, onde o conselleiro foi recibido polo delegado da Xunta, Alejandro López. Nesta xornada, en quenda de tarde, o titular de Cultura e Educación visitou oficialmente á Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e acudiu tamén ao emblemático Museo da Emigración Galega (MEGA).

Unha ferramenta para a promoción exterior da lingua e a cultura propias
O convenio –articulado a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística– instrumenta o desenvolvemento de accións conxuntas artelladas na docencia, a investigación e mais na promoción da lingua, literatura e cultura galegas non só no ámbito académico da Universidade senón tamén na súa área de influencia. Deste xeito, ambas entidades renovan a súa cooperación a prol da dinamización da lingua propia de Galicia no ámbito da educación superior da Arxentina, o país que aglutina a maior comunidade galega na diáspora.

Neste caso, o convenio céntrase na programación de actividades de extensión cultural e de fomento do uso do galego entre os membros da comunidade educativa desta prestixiosa universidade bonaerense. Asemade, este convenio virá darlle continuidade aos cursos extracurriculares de lingua, literatura e cultura galegas nos seminarios do ‘Instituto Universitario de Estudios Galegos’. Pola súa banda, a Consellería colaborará na realización das accións previstas, prestaralle orientación e apoio pedagóxico-didáctico, asesoramento técnico e impulsará campañas de divulgación.

Belgrano, un referente cultural e educativo

A Universidade de Belgrano, coa que se subscriben a devanditas colaboración, foi creada polo propio doutor Avelino Porto o 11 de setembro de 1964. Na actualidade conta con once facultades e catro unidades académicas de posgrao. Como institución dedicada á educación superior resulta preciso sinalar que comezou a incluír o galego na súa oferta educativa hai xa trinta anos e que cumpre un papel de referencial na promoción e na difusión da nosa cultura e idioma na súa área de influencia.

Reunión e visita oficial

De tarde o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad reuniuse coa Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e visitou na capital bonaerense o emblemático Museo da Emigración Galega en Arxentina (MEGA), unha institución dependente da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina que este ano cumpre dez anos de vida e enmarca a súa actividade ao redor do feito migratorio.

O MEGA é unha institución de carácter permanente non lucrativa, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, aberta ao público, que adquire, protexe, conserva, investiga, comunica e exhibe o patrimonio material e inmaterial do colectivo galego vinculado á emigración, ao exilio e ao seu entorno, co propósito de estudio, educación e deleite do público.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información