Ponte... nas ondas! obtén o Selo de Boa Práctica Iberoamericana Leer.es
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu a Santiago Veloso e Xerardo Feijoo, presidente e secretario, respectivamente, da asociación responsable do programa educativo Ponte... nas ondas!, aos que felicitou pola obtención do selo de Boas Prácticas Iberoamericanas Leer.es, outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Coa colaboración da Consellería, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Ponte... nas ondas! é unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galicia (España) e do norte de Portugal, coa participación de centros educativos doutros países. Para a concesión do selo o tribunal tivo en conta a calidade da experiencia para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística; e a súa achega ao entendemento, interpretación e avaliación de textos en diferentes soportes empregando as TICs e a Rede como ferramentas de aprendizaxe e difusión. Así mesmo, valorouse a calidade e orixinalidade deste programa educativo, así como as súas posibilidades para ser aplicado en outros contornas e países da comunidade Iberoamericana.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia