Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Prográmase na Illa de San Simón un intercambio musical internacional

A Illa de San Simón acolle ata o 12 de abril unha residencia de intercambio entre alumnado de Música da Universidade de Poitiers, en Francia, e mais músicos e profesorado do Centro Cultural e Deportivo de Cesantes. O intercambio enmárcase na iniciativa Voz da Travesía, un proxecto europeo que conta coa participación de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e que se basea na posta en valor da tradición oral como elemento de unión entre os pobos.

Co obxectivo de favorecer a relación da contorna redondelá de San Simón con outros lugares de Europa, a primeira fase das actividades consiste nun traballo de campo con recollida de experiencias e tradicións orais na que participarán os artistas Antonio Placer (Galicia) e Jakes Aymonino (Aquitania-Francia), en colaboración co Centro Cultural e Deportivo de Cesantes.

Xunto coa residencia que se desenvolverá na Illa de San Simón, os días 9 e 10 de abril pola mañá programaranse tres concertos didácticos no multiúsos da Xunqueira de Redondela, que correrán a cargo do alumnado francés e que están dirixidos a estudantes deste concello pontevedrés. Ademais, o xoves pola tarde realizarase outro concerto no Centro Cultural e Deportivo de Cesantes.

Creación artística e intercambio cultural

O proxecto Voz da Travesía, que se centra na creación artística e nos intercambios culturais, percorre Galicia e as rexións de Bruxelas (Bélxica) e de Aquitania (Francia), tres territorios conectados polo Camiño de Santiago. A acción do proxecto –cofinanciado polo Programa Cultura 2007-2013 e que se desenvolverá ata maio de 2014– é múltiple e inclúe a recollida de testemuños de vida, residencias de artistas, espectáculos, seráns abertos, accións no ámbito escolar, formación nas artes da oralidade, sesións estivais de creación para adolescentes, exposición sonora, espectáculos itinerantes, etc.

A posta en marcha destas iniciativas ten entre os seus obxectivos desenvolver e difundir os saberes vinculados coa memoria colectiva en Europa e no exterior, favorecer prácticas artísticas creativas e interdisciplinares, mesturar prácticas profesionais e afeccionadas a través de creacións colectivas así como empregar o relato oral e a tradición popular falada e cantada como instrumentos de coñecemento do propio e do outro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información