Silvia Penide presenta Animal de Compañía en la Casa das Crechas

Silvia estará arrropada por Serxio Moreira al teclado y un ipad aportando múltiples sonoridades a un directo en el que presentan un disco que fue grabado en el Estudio Abrigueiro de Arturo Vaquero y que juega a los cambios de intensidad, siempre con la voz y las letras de Silvia como protagonistas.
En el concierto de Vigo, se suma a la formación Fernando Lamas (batería de Xoel López y Fon Román entre otros) a la batería y percusión.
Sus anteriores trabajos han situado a la artista en el panorama musical nacional, actuando además en Portugal o Alemania entre otros. En esta ocasión, el disco fue grabado integramente en directo en el Estudio Abrigueiro de Arturo Vaquero.
Máis sobre Silvia Penide
A compositora regresa co seu universo particular nun disco cheo de matices con 10 temas duros e maduros nos que reflicte a progresión da súa carreira
Animal de compañía é o quinto disco de Silvia Penide, un traballo persoal, íntimo, atrevido, con letras duras e maduras. Con esta forza regresa a cantante e compositora coruñesa, que vén de gravalo en directo xunto a súa banda Los Animales tras un intenso proceso de experimentación. Este traballo é o resultado dunha carreira musical de case unha ducia de anos, “ é o meu animal de compañía, ao que teño que coidar porque é a miña responsabilidade, e porque é o que me dá tantas satisfaccións”, manifesta a cantante.
Dez temas compoñen este disco, cancións que non están feitas para escoitar por riba, cancións cun profundo contido musical e persoal que afondan no particular universo da compositora. Temas máis duros e maduros, coherentes coa súa traxectoria e que sorprenderán pola súa frescura, atrevemento e experimentación. Animal de compañía mantén a eterna pegada de Silvia Penide, a súa proximidade, sinceridade e sinxeleza, despréndense deste disco.
No ano 2010, Penide xa comezou a traballar neste disco, desde ese momento deulle forma ao esquelete de Animal de compañía, xunto ao pianista Serxio Moreira co obxectivo de “experimentar, de saírse un pouco do común, de facer un disco artesanal”, afirma a compositora. O proceso creativo musical fluíu a partir da obra pictórica de Antoni Tapiès e do innovador músico brasileiro Hermeto Pascoal. “Procurei trasladar a textura da pintura de Tapiès á música, ao estudo, por iso non hai baixista, os baixos están tratados por piano de parede, dando unha sensación de brochazo, de escuro. Ao igual que sucede coa guitarra eléctrica dando un son cru, e coas baterías. Convertendo así aos instrumentos nos pinceis”, explica a compositora.
A primeira edición do disco inclúe un anaco de Silvia Penide. Os que merquen esta edición limitada de Animal de compañía adquirirán unha pequena obra de arte, única, elaborada de xeito artesanal e que consiste nun lenzo de 5x5 cm pintado ao óleo polo artista Roi Pardo, quen plasmou á propia cantante nun cadro de grandes dimensións.
O disco gravado en puro directo en Abrigueiro Estudios, mestura a contundente voz de Silvia Penide cos sons máis traballados da súa banda, Los Animales, chegando ao máis fondo das súas letras. E é que para Animal de compañía, a cantante contou coa colaboración especial de Félix Arias e acompañouse de músicos recoñecidos no panorama musical galego que “experimentaron cos seus instrumentos, dándolle outro enfoque, para reflectir o que eu lles pedía”, sinala a compositora. Este elenco de artistas, conta á batería con Fernando Lamas, á guitarra eléctrica con Rubén Barros-Deschamps, e con dous teclistas, Fran Castro, ao teclado, e Serxio Moreira, ao piano clásico.
É unha autora e intérprete de cancións moi directas que empezaron a ver a luz no 2002. O seu é un pop contundente, cheo de matices e moi coidado. En solitario, con banda ou en formatos reducidos é unha artista contundente. Con continuos concertos por toda a península e en salas de países como Croacia, Italia ou Alemaña o universo particular de Penide nútrese dun cada vez maior número de seguidores fieis. O seu primeiro disco foi Kilómetros (2003), ao que seguiron Invisible (2005), Desafinante crónica (2007), Las Erres Dobles (2010), e agora Animal de Compañía (2012).
Fernando Lamas
Actual batería de Xoel López, Silvia Penide, Carlos Childe Troupe, Amoeba Split, David Quinzán, Friktone, Revolujoin. De formación basicamente autodidacta cursou dous anos no Conservatorio Superior da Coruña (COSMAC), na especialidade de jazz; e actualmente estuda no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJ). Gravou cos grupos: Mr. Dixie Jazz Band, Jacobo Paz, Tregua, NOC, Amoeba Split, Silvia Penide; e colaborou en directo con: Lovely Luna e Dada Jazz.
Rubén Barros- Deschamps
Con estudos de guitarra no Conservatorio Superior de Música da Coruña, tras realizar diversos seminarios e master class, colaborou omo guitarrista eléctrico coa Big Band do Conservatorio da Coruña, coa Orquesta Sinfónica de Galicia, co Coro e a Orquesta de la Escuela Municipal de Música da Coruña e coa Banda Municipal de Música da Coruña, así como varios concertos e Jam Sessions en locais de Jazz. Tras compartir escenario con diversos músicos (Fernando Lamas, Risto Vuolanne, Toño Otero, Miguel Queixas, Luis Moro, Quique Alvarados, Osmar da Fonseca, Meninhos da Rúa,The Forest Trio...), actualmente forma parte de tres proxectos: Banda Potemkin, Miki Nervio & The Bluesmakers e Rua Cega.
Fran Castro
Ao teclado, constitúe o fío que une todas as partes no disco,
Serxio Moreira
Ao piano clásico, leva o peso das cancións en canto a baixo, pon os graves e as melodías máis clásicas
10D10 Management // Tomi Legido