Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Carlota Lama presenta na Casa de Galicia en Madrid a novela O encontro das augas

A escritora coruñesa Carlota Lama presentou na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid a súa última "O encontro das augas" publicada por Edicións Atlantis e ambientada na desembocadura do río Miño, en "unha paisaxe sen igual, que arrepía", onde "as augas doce e salgadas están en perpetua loita, como as almas de Susana e Miguel, cuxas vidas parecen perseguidas pola sombra dun home que deu renda solta aos seus instintos aproveitando a súa posición: don Eusebio, o cura da aldea, que está a punto de morrer". En "O encontro das augas" os personaxes analizan as súas vidas nunha apaixonada busca interior e mostran a perspectiva da súa existencia, dando, ás veces, os seus puntos de vista dos mesmos feitos.

Na presentación, a escritora estivo acompañada polo numeroso público que encheu a sala e a xornalista Lola Cintado que sinalou que "aínda que pareza que todo está dito nas primeiras páxinas, o libro garda sorpresas en moitas esquinas" e que trata da "capacidade de sobrevivir con dignidade, de perdoar sen esquecer" e leu un fragmento do libro así como unha carta enviada pola presidenta da Fundación José Saramago, Pilar del Río, que aseguraba que a autora acertou no nome da novela pois “consegue con ela que mares distintos se mesturen e confundan, os que cada un de nós levamos dentro" e pedíalle "máis libros, por favor". Lama tamén estivo acompañado polo responsable das actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen sinalou que a autora define a esta novela como contemporánea, de profundas raíces galegas.

Na presentación, Cintao e Lama estableceron un diálogo no que se informou de que nos tres meses que leva a novela no mercado se venderon 600 exemplares, a pesar de non ter publicidade, pois está publicada por unha editorial pequena. Falaron das raíces galegas de Lama, de Galicia como fonte inesgotable de personaxes e historias que merecen ser contadas, da extraordinaria personalidade da cultura galega que "afortunadamente segue bastante indemne aos ataques da ditosa globalización", na percepción da autora, de "a vantaxe que ten a distancia á hora de sentarse a escribir que permite enfocar todos aqueles detalles que a proximidade pasa por alto".

Lama referiuse á "impresionante paisaxe galega na que se desenvolve a acción e da que coñezo cada canto", da súa formación na Universidade de Santiago e a influencia que tivo na súa paixón pola literatura as ensinanzas dun catedrático de Literatura Americana e a "a marabillosa liberdade que dá a Literatura permitindo a mestura de realidade e ficción, sendo o personaxe do párroco o único prestado da realidade da miña vida".

Explicou a autora que os diferentes puntos de vista que narran os feitos a través de varios personaxes permiten utilizar diferentes rexistros da linguaxe e dar maior axilidade á narración. Por iso o libro está escrito en primeira persoa, eliminando así a figura do narrador tradicional.

"Escribo sempre o que me apetece, esquecéndoseme tendencias, modas ou obxectivos comerciais", dixo, e resaltou "a liberdade que lle concedo aos meus personaxes deixándoos que adquiran vida propia e que rematen a narración como mellor lles pareza".

Carlota Lama é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e especializada no ensino da Lingua Inglesa na International House en Londres. Viviu en varios países, na actualidade reside en Madrid e dedícase exclusivamente á Literatura. As súas profundas raíces galegas fai que se senta especialmente cómoda situando os seus relatos nesa terra que tan ben entende dende a distancia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia en Madrid

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información