Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A mecenas venezolana Patricia Phelps de Cisneros visita a Cidade da Cultura

A mecenas venezolana Patricia Phelps de Cisneros, unha das persoas máis influíntes do mundo da arte, realizou unha visita ao Museo Centro Gaiás en compañía da súa familia e do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; tras inaugurar no Reina Sofía unha das máis grandes exposicións deste 2013. Aproveitando esta viaxe a España, Patricia Phelps non quixo deixar pasar a ocasión de achegarse a Santiago de Compostela e coñecer xunto ao seu marido, o magnate Gustavo Cisneros, o complexo deseñado por Peter Eisenman e achegarse á Historia de Galicia a través da exposición Gallaecia Petrea.

Propietaria dunha das maiores coleccións de arte latinoamericana, Patricia Phelps de Cisneros leva máis de catro décadas dedicada ao apoio e promoción da cultura latinoamericana no mundo a través da unión coas máis prestixiosas institucións culturais. Acompañados por Xesús Vázquez e a directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, María Pereira; Patricia Phelps de Cisneros e Gustavo Cisneros tiveron a oportunidade de percorrer un dos edificios máis espectaculares do Gaiás e centro neurálxico da súa programación, ao tempo que descubriron o patrimonio pétreo galego.

Considerada unha das persoas máis influíntes do mundo da arte –ocupa o posto número 27 no listado de 100 que elabora cada ano a revista Art Review-, Patricia Phelps teceu ao longo de todos estes anos unha estreita rede de contactos con importantes museos: forma parte da xunta directiva do MoMA de Nova York, do comité de adquisicións de arte latinoamericana da Tate Modern e máis recentemente do Reina Sofía, onde ademais de impulsar e formar parte da nova Fundación do museo, vén de inaugurar a maior exposición de arte abstracto latinoamericano: La invención concreta. Colección Patricia Phelps de Cisneros. Esta mostra reúne 200 das máis representativas pezas de pintura, escultura, instalación e collage obra gráfica.

Colección Patricia Phelps de Cisneros

A Colección Patricia Phelps de Cisneros é unha das principais iniciativas educativas e culturais da Fundación Cisneros, institución privada sen ánimo de lucro recoñecida a nivel internacional polos seus programas dedicados a mellorar a educación en América Latina e fomentar o coñecemento global sobre as contribucións de Venezuela á cultura mundial.

Con sedes en Nova York e Caracas, a Colección Patricia Phelps de Cisneros carece de museo propio cun obxectivo claro: levar o seu legado cultural a calquera lugar do planeta, permitindo a súa difusión entre un maior número de públicos diferentes, e apoiar institucións culturais que queren incorporar a arte latinoamericana ao seu discurso sen contar con obras ou coleccións propias.
A Colección Patricia Phelps de Cisneros consta dunha colección de arte moderno con obras de artistas latinoamericanos do século XX centrada na abstracción xeométrica; unha colección de arte colonial, que posúe unha gama de pinturas, mobiliario e obxectos relixiosos creados entre o século XVII e mediados do XIX en Latinoamérica; unha colección de arte contemporáneo; e unha colección étnica –a Colección Orinoco-, na que se reúne o maior grupo de documentos e obxectos etnográfcios das doce etnias que habitan na conca do Orinoco, recompilados ao longo de trinta anos de expedicións pola Amazonía venezolana.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información