Preséntase unha nova edición do programa Musiqueando
Mario Outeiro, portavoz do Bloque Nacionalista Galego na Deputación Provincial e delgado de Cultura e Turismo, presentou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, o programa 'Musiqueando pola Provincia de Lugo 2013', co que a institución tenta promocionar a música popular e a súa creación desde as corais, as bandas e os grupos tradicionais, para o que se disporá dunha partida orzamentaria de 85.000 euros.
'Musiquieando pola Provincia de Lugo' pretende achegar a música popular a todos os recunchos lucenses, potenciar a música tradicional que se leva a cabo nas distintas comarcas e incrementar as posibilidades de que teña un oco nas festas patronais dos concellos. Segundo Outeiro, “a boa acollida desta iniciativa durante o ano pasado é un dos motivos que xustifican a súa reedición. Na convocatoria de 2012, corais, bandas e grupos tradicionais ofreceron un total de 160 actuacións en toda a provincia; concretamente 83 na comarca do centro, 44 no sur e 33 na Mariña, sendo as máis demandadas polos concellos, comisións de festas e asociacións, as dos grupos tradicionais, que ofreceron un total de 97 espectáculos”.
O responsábel de Cultura e Turismo insistiu en que “a decisión de manter o programa 'Musiqueando pola Provincia de Lugo' nun momento en que a cultura está a ser vítima dos recortes impostos pola crise, débese, tamén, á aposta decidida que sempre fixo a Vicepresidencia da Deputación pola cultura, pola cultura popular e de base que fai que os nosos pobos e as nosas vilas estean vivos e que se manteñan moitas das súas tradicións; entendemos a cultura dende unha perspectiva na que o espectador debe ser o protagonista e non un mero espectador”.
O caché será de 1.000 euros para as bandas e de 500 euros para os grupos de música tradicional e corais; custe que será cofinanciado nun 80 por cento pola área de Cultura e Turismo e nun 20 por cento polas comisións de festas ou as asociacións que as soliciten.
Outeiro anunciou que en poucos días sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases destas axudas que se poderán solicitar ata o vindeiro 30 de abril.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo