Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Xunta homenaxea á Isaac Díaz Pardo no aniversario do seu pasamento

Con motivo do primeiro cabodano do pasamento de Isaac Díaz Pardo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a preparar un acto de lembranza ao intelectual galego o 9 de xaneiro no Museo do Pobo Galego. No decurso do mesmo, a Consellería presentará o novo volume da colección Cadernos Ramón Piñeiro titulado ‘A luminosa mirada dos ollos de Isaac’, unha publicación que recompila, coa axuda da Fundación do Pedrón de Ouro e o Museo do Pobo Galego, unha mostra da obra escrita do intelectual galego.

Este número XXIV de Cadernos Ramón Piñeiro está composto por artigos publicados en xornais e revistas, diversos ensaios e diferentes prólogos de libros. Ademais, as artes plásticas, a súa traxectoria en Sargadelos e outros textos relevantes da súa vida e obra, tamén forman parte desta publicación. O libro está prologado e editado por Xosé Ramón Fandiño, un dos máis próximos colaboradores de Díaz Pardo, e conta tamén cunha coda final de Luís Cochón.

A través deste acto, a Xunta de Galicia quere lembrar a figura de Isaac Díaz Pardo polo seu infatigable traballo a prol da cultura galega, poñer en valor o seu talento artístico e agradecer ao intelectual o seu continuo compromiso co desenvolvemento cultural e empresarial de Galicia. A homenaxe estará presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e está previsto que asistan, entre outros, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director do Museo do Pobo Galego, Calos Vázquez; o autor do libro e representante da Fundación Pedrón de Ouro, Xosé Ramón Fandiño; o director da colección Luis Alonso Girgado e os escritores Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas.

Cadernos Ramón Piñeiro

A colección dos Cadernos Ramón Piñeiro encádrase no proxecto de investigación homónimo que a Xunta puxo en marcha en 2003, ano desde o cal levan xa saíndo do prelo un total de 24 volumes centrados no pensamento e na cultura galega. Estas publicacións están coordinadas polo profesor e investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), Luís Alonso Girgado.

Os volumes desta colección teñen como obxectivo afondar no coñecemento de autores relevantes en lingua galega, como aqueles aos que se lles dedica o Día das Letras, e difundir a súa obra. Alén da publicación de textos inéditos e/ou correspondencia, tamén se leva a cabo unha análise en profundidade da súa contribución á lingua e á cultura de Galicia.

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como fin promover, desenvolver e dar difusión a proxectos e programas galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos. Na actualidade, centra as súas liñas de investigación en proxectos de lingüística con aplicacións informáticas, en estudos de prosa e poesía medieval, na recuperación e análise de publicacións literarias e en proxectos de antropoloxía referidos á identidade colectiva, entre outros.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información