Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O proxecto Guitarra clásica galega busca a recuperación deste repertorio musical

O auditorio do Museo do Mar de acolle o venres 14 de decembro a partir das 19:00 h. a presentación do CD “Guitarra Clásica Galega” do tudense Samuel Diz. Este traballo discográfico, que describe un percorrido pola nosa tradición guitarrística até o presente, foi editado polo selo Ouvirmos e contou coa colaboración da Consellería, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Cultura.

“Guitarra Clásica Galega” ofrécenos unha viaxe musical que nos leva da tradición á modernidade, desde o universo sonoro dos anos 20 no exilio cubano até a nova xeración de compositores galegos deste incipiente século XXI. Recuperando así para todos os afeccionados e melómanos un patrimonio musical pouco estudado, pero notablemente rico.

O disco, que incorpora pezas cun variado abano estilístico e formal, supón un punto e seguido no traballo a prol da recuperación da verdadeira entidade deste instrumento na tradición musical galega. Cómpre destacar neste sentido que se trata dun dos primeiros esforzos da posta en valor dun repertorio case inédito e dunha homenaxe á guitarra galega a través da recompilación de dezaseis pezas, todas elas fundamentais dentro do repertorio guitarrístico do país.

En palabras do musicólogo Leopoldo Neri: “Este crisol caleidoscópico de pezas para guitarra, tan esplendidamente interpretadas polo tudense Samuel Diz, desvélanos un íntimo e sensual espazo da historia musical galega (sendo un primeiro paso na recuperación da tradición guitarrística da dita rexión) e, á vez, o vigor compositivo dos nosos días.”
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información