Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Mario Outeiro recorda o papel de Castelao na proxección de Galiza no mundo

O delegado de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, foi o encargado de inaugurar unha xornada dedicada á vixencia de Castelao na arte e no pensamento galego, con motivo da declaración do primeiro Ben de Interese Cultural (BIC) Inmaterial á súa figura.

Pór en valor o patrimonio como signo identitario a través das visións transversais da obra de Castelao, así como divulgar os procesos de restauración e conservación museísticos que permiten, neste caso concreto, a contemplación e interpretación dunha renovada colección do ilustre galego, son os obxectivos principais que persegue esta iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación.

Na súa intervención, o delegado provincial puxo en valor ao ilustre galego sinalando que “Castelao foi capaz de reunir múltiplas funcións artísticas e políticas, como debuxante, pintor, xornalista, caricaturista, ilustrador, escritor, pensador e político nacionalista, mais todas estas facetas obedecen a unha mesma motivación e aspiración: a significación cultural e a representación política da Galiza como nación que debía ser coñecida e recoñecida como tal, tanto fóra como dentro dela mesma. Porque non abdicou nunca, en toda a súa vida adulta, dun dobre deber: a devolución aos galegos da súa historia e da súa cultura, e a proxección do universo galego en España e no mundo”.

“O caso de Castelao – continuou Outeiro- é particularmente chamativo, porque se dá a circunstancia de que non só constitúe un auténtico antecedente cultural e político, senón que o pensamento e a praxe por el elaborados están aínda lonxe de teren cumprimento na Terra á que serviu”.

No marco desta xornada, o Museo Provincial de Lugo presentou unha nova montaxe da sala monográfica de Castelao, trala restauración e reenmarcado da súa colección, que recolle un total de 30 obras do artista galego, en distintas técnicas como o debuxo, a litografía, o gravado, o óleo ou a acuarela. Aurelia Balseiro, directora da institución museística, foi a encargada de realizar a visita técnica guiada á nova disposición da sala monográfica do polifacético Castelao.

Unha táboa redonda a cargo do historiador galego Xoán Carlos Garrido Couceiro, e da escritora e investigadora Pilar García Negro, e unha conferencia de Blanca Besteiro García sobre a restauración da obra en papel de Castelao no Museo de Lugo completaron o programa.




Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información