Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Fundación Camilo José Cela expón a figura do Premio Nobel fóra de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva a figura de Camilo José Cela fora de Galicia, a través de dúas mostras organizadas pola súa Fundación.

Así, o traballo da Fundación Pública Camilo José Cela permite que se inauguren as exposicións 70 anos de La Familia de Pascual Duarte e Mitografías. Mitos en la intimidad, que poderán verse en Burgos e Madrid respectivamente.

La familia de Pascual Duarte

A mostra conmemorativa, 70 anos da publicación de La familia de Pascual Duarte inaugurarase este xoves, 29 de novembro, no Teatro Principal de Burgos e poderá ser visitada ata o 16 de decembro. Trátase dunha exposición comisariada pola Fundación e que conta coa colaboración do Concello de Burgos e do Instituto Municipal de Cultura y Turismo, coa que se renderá homenaxe á obra mestra do premio Nobel na cidade onde foi publicada por primeira vez. Cómpre sinalar que o 7 de decembro de 1942 a obra saíu a luz, secretamente e esta edición esgotouse antes de que a censura logre confiscala.

A novela foi aplaudida pola crítica con entusiasmo e, a pesares das dificultades impostas pola censura ás seguintes edicións, a novela será reeditada e moi pronto, xa en 1944, comezará a ser traducida a outras linguas convertida nun dos emblemas da narrativa española dos anos 40.

Os que visiten o Teatro Principal de Burgos poderán ver o bureau orixinal no que foi escrita a novela xunto co facsímil do manuscrito de 1942; as cartas relacionadas co seu proceso de edición e xestación e a súa problemática coa censura; manuscritos orixinais de Cela nos que fala da publicación e mesmo algunha das criticas que recibiu a obra no seu momento. Completa a mostra diverso material documental no que destacan traducións e edicións da novela, teses doutorais e traballos de investigación relacionados coa mesma, así como unha selección de obra pictórica e gráfica.

Todos os fondos que se exporán nesta mostra pertencen ao legado que Camilo José Cela doou cara a posteridade e que se conservan na súa Fundación en Iria Flavia.

“Mitografías” na Fundación Canal de Madrid

Por outra banda cómpre recordar que desde finais do pasado mes de outubro pódese percorrer na Fundación Canal de Isabel II, en Madrid, a exposición Mitografías, mitos en la intimidad na que se reúnen 240 fotografías persoais, íntimas e entrañables, de dez dos homes máis relevantes e universais do século XX no ámbito da arte, a política, a ciencia, a literatura e as artes escénicas.

A mostra producida, pola Fundación Canal, reflexa a faceta máis persoal e próxima de Picasso, Dalí, Churchill, Gandhi, Einstein, Curie, Hemingway, Callas, Chaplin e Camilo José Cela.

Para a realización da mostra analizáronse más de 37.0000 imaxes de arquivos, albumes particulares e institucións. Pola súa banda a Fundación Pública Galega Camilo José Cela colaborou nesta mostra poñendo a disposición do proxecto más de 400 fotografías das que foron seleccionadas 32 coas que se pretende descubrir unha parte descoñecida do escritor padronés e que se poderán ver ata o vindeiro 5 de xaneiro nesta particular mostra da Fundación Canal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información