Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Deputación de Ourense edita a obra polifónica do Padre Manuel Feijoo

O acto de presentación tivo lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, e contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a directora de Publicacións da institución provincial, Ana Malingre; o editor Carlos Núñez Deza; Enrique Mourille, sobriño do Padre Manuel Feijoo, e Santiago López, presidente da Asociación de exorfeonistas de Terra a Nosa.

O libro destaca por ser unha completa obra que recompila o traballo
musical do Padre Manuel Feijoo –misas, panxoliñas e obras varias-, ao que se aplicaron criterios de "edición histórica", respectando a fidelidade dos manuscritos orixinais, sen adicións ou alteracións para que a música soe tal cal e como foi concibida polo creador.

Tamén cabe salientar o pouco peso do libro, a pesares do seu gran formato, "pensado para interpretar e ser utilizado como partitura", segundo destacou o editor Carlos Núñez, e ademais é de subliñar que foi editado completamente en papel ecolóxico.

Rosendo Fernández afirmou que a obra musical do Padre Manuel Feijoo -natural das terras de Cartelle- "trascende o ámbito musical para darlle ao libro a fondura do poso e da expresión das nosas tradicións e da nosa cultura". Engadiu Fernández que a Deputación de Ourense aposta sinaladamente por promover e conservar a nosa música porque é algo consubstancial á nosa cultura".

A Deputación de Ourense conta unha liña editorial de edición de obras relacionadas coa música desta provincia, e xa ten publicado varios cancioneiros populares, estudos sobre corais ou asociacións musicais e tamén a obra de compositores ourensáns, coma Manuel de Dios, Camilo Andrade ou o Mestre Vide. En 2010, contratou o traballo de inventario da obra do franciscano ourensán o Padre Manuel Feijoo, cuxos manuscritos están depositados no arquivo do Convento Franciscano de Santiago de Compostela, coa intención de publicar a obra musical deste compositor.

Os manuscritos foron catalogados, tralo cal se fixo unha análise
musicolóxica e paleográfica da obra, ademais de transcribila e maquetar as partituras orixinais, un traballo que foi realizado por Carlos Núñez Deza.

Agora, a Asociación Exorfeonistas do Orfeón Terra a Nosa e Amigos do Padre Manuel Feijoo colabora coa Deputación de Ourense na promoción e difusión da senlleira figura do Padre Manuel Feijoo mediante a coedición deste traballo que recolle a música deste compositor ourensán que noutra época levou o nome de Ourense polo mundo.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información