Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O premio á mellor Fotografía 2012 da Academia de Televisión imparte unha clase maxistral na Escola de Imaxe e Son

O director de fotografía e iluminación Jacobo Martínez, premio á mellor Fotografía 2012 da Academia de Televisión, recentemente bautizado como Premio Iris, polo seu traballo na serie de Antena 3 Gran Hotel, impartíu unha clase maxistral ós alumnos de 1º e 2º de Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS). Este taller, con clases prácticas e teóricas, enmárcase dentro da aposta da Fundación TIC, organismo depende da Deputación, pola educación pública de calidade. Para elo, a institución luguesa vincula a formación do alumnado do único centro na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual e con matrícula gratuíta agás para repetidores con profesionais de prestixio no sector.

Durante catro horas, o coruñés Jacobo Martínez achegou ós alumnos da EIS a súa experiencia profesional en series de ficción de éxito como Hispania (Antena 3), Gran Reserva (TVE), Imperium (Antena 3) e Gran Hotel (Antena 3). Expuxo o día a día do seu traballo e remarcou que “é bo que os alumnos coñezan a realidade deste mundo para que non o idealicen. Cando eu estudei gustábame que me contasen como era todo o proceso para ter os pés sobre a terra. É necesario saber onde estamos e de canto tempo e medios dispoñemos”.

Tamén resolveu as dúbidas formuladas polos alumnos como os elementos que deben empregar para unha boa iluminación, como sacarlle o mellor proveito ás cámaras e distinto material do que dispoñen na Escola, ou como conseguir os efectos máis axeitados para as curtas que elaboran dentro do proxecto integrado do ciclo de Realización.

A fórmula do éxito: comezar desde abaixo

No seu encontro cos alumnos, o director de fotografía defendeu a conveniencia de comezar desde abaixo e pasar polos distintos postos intermedios para chegar á dirección cunha formación sólida. “Por moito talento que teñas, para ser xefe de cociña, primeiro hai que ser pinche e cociñeiro. Esa é a fórmula. Así tamén coñeces distintos xeitos de dirixir e ver cómo traballan os profesionais con experiencia. É moi enriquecedor”, apuntou.

Jacobo Martínez comezou a súa traxectoria profesional, precisamente, realizando, entre outras, tarefas de control de cámara, eléctrico e xefe eléctrico. O seu inicio como director de fotografía e iluminación foi na serie Rías Baixas (TVG). Xa en Madrid traballou en ficcións con moita audiencia como Gran Reserva (TVE), polo que foi nominado pola Academia de Televisión á Mellor Fotografía, Hispania, Imperium e Gran Hotel (Antena 3). Na actualidade está a traballar na preprodución de Galerías Velvet.

Profesionais de prestixio na EIS

Jacobo Martínez súmase a xa longa lista de profesionais de prestixio, referentes do mundo audiovisual a nivel nacional e internacional, cos que conta a Escola de Imaxe e Son para as súas actividades, como os directores Imanol Uribe, José Luis Cuerda, Ángel de la Cruz; José María Besteiro, o produtor de referencia internacional; Julio Fernández, produtor e presidente de Filmax; o director Jorge Coira, que acadou numerosos éxitos coa película 18 Comidas; o actor Luis Tosar, que acumula éxito por película; Pedro Revaldería, director xeral de Producciones Mandarina, artífice de programas como Qué tiempo tan feliz!, ou Las mañanas de Cuatro; Antonio Mourelos, actor –moi coñecido polos seus papeis nas series da TVG Rías Baixas e Matalobos– e Presidente da Academia Galega do Audiovisual; o compositor e produtor musical Arturo Vaquero; o ex membro de Siniestro Total, Segundo Grandío, técnico de son e produtor artístico; ou Carlos Sedes, director de series de ficción de éxito como Hispania (Antena 3), Gran Reserva (TVE) ou Padre (TVG), entre outras.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información