Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Laxeiro e os renovadores da vangarda histórica galega, ciclo de conferencias aberto

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Fundación Laxeiro na organización do ciclo de conferencias Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega, que se celebrará en Santiago de Compostela durante todos os martes do mes de novembro. Esta iniciativa ten como obxectivo achegalle á cidadanía a obra dos Renovadores a través dunha contextualización histórica e unha análise transversal, para así comprender mellor a importancia do legado dos que protagonizaron os inicios da cultura galega do século XX.

Co apoio da Consellería a través da Secretaría Xeral de Cultura, o ciclo reunirá un nutrido grupo de historiadores e expertos en Laxeiro, Colmeiro, Luis Seoane, Rafael Dieste, Carlos Maside, Arturo Souto, entre outros, para analizar o contexto histórico no que, a principios do século XX, aquel grupo de mozos traballaron para poñer a cultura e arte galegas á altura do que acontecía no panorama internacional do momento.

Para iso, propóñense unha serie de relatorios impartidos por diversos expertos en cuestións concretas da historia e da arte que amplíen a análise deste movemento a elementos que quizais nunca se trataron no seu conxunto en relación coa obra dos Renovadores, como son o contexto internacional das vangardas históricas, as influencias da arte medieval que Os Renovadores asumiron como propias ou a faceta antropolóxica do nacemento desta arte anovadora.

Deste xeito, grazas ás achegas de todos os expertos que participan neste ciclo, conseguirase completar unha análise dos Renovadores que, sen dúbida, axudará a comprender o seu legado e, tamén, a realidade actual das nosas artes.

Matrícula

A iniciativa, coordinada polo catedrático e doutor de Historia da Arte José Manuel B. López Vázquez, está dirixida especialmente a estudantes de Historia da Arte, Belas Artes e Humanidades, profesores de ensino secundario, periodistas e afeccionados á arte en xeral. As conferencias serán os martes 6, 13, 20 e 27 do mes de novembro, de 18.00 a 21.00 horas na facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. As prazas son limitadas e o prazo de matrícula expira o 31 de outubro. Para máis información, contactar coa Fundación Laxeiro en fundacion@laxeiro.es

Expertos historiadores

Os relatorios serán impartidos por expertos como a doutora María Antonia Pérez, profesora da Universidade da Coruña, quen falará sobre Rafael Dieste e o seu labor como teórico dos Renovadores; o doutor José Manuel García Iglesias, profesor titular da Universidade de Santiago, quen fará unha interesante intervención que conectará o gótico coa vangarda histórica galega; ou o doutor Antonio Garrido, quen falará da figuración na arte internacional de entreguerras.

Doutra banda, o profesor Carlos López Bernárdez, contextualizará o traballo da nosa vangarda histórica no panorama internacional da época; a doutora María Luisa Sobrino falará de tradición e vangarda na Galicia do primeiro terzo do século XX; o propio director do curso, Xosé Manuel B. López Vázquez, construirá un interesante fío de continuidade entre o Goya das pinturas negras e a nosa vangarda histórica; e o doutor Antón Castro, profesor da Universidade de Vigo que analizará o compoñente antropolóxico da obra de Laxeiro.

Orixe, contexto e transcendencia

O grupo coñecido como Os Renovadores da nosa vangarda histórica irrompe no primeiro terzo do século XX convulsionando a nosa arte e a nosa cultura, cun proxecto de construción dunha estética propia que, por unha banda, conecta Galicia coa realidade internacional e, por outra, rexeita unha mirada folclorista da nosa cultura.

A coincidencia no tempo dunha xeración extraordinaria de creadores e intelectuais galegos, como Carlos Maside, Rafael Dieste, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane, Manuel Colmeiro e outros, propiciou unha revolución estética e intelectual moi acorde coas actitudes aperturistas e cosmopolitas da II República española, nun contexto que derivou cara a unha uniformización cultural, como consecuencia das circunstancias políticas posteriores á Guerra Civil.

O ciclo de conferencias pretende un achegamento á obra dos Renovadores desde a contextualización histórica e desde unha análise transversal, para comprender o legado dos que protagonizaron os inicios da cultura galega do século XX.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información