Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Analízase na USC a obra de Rosalía de Castro con perspectivas críticas novas

Cando faltan poucos meses para que se cumpran os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o Grupo de Investigación Rosalía de Castro quere chamar a atención sobre os aspectos menos coñecidos e divulgados da obra da escritora galega. Con este obxectivo, este luns 22 desenvolve o I Simposio Internacional sobre a obra de Rosalía de Castro ‘A Weapon in the Mud’ (‘Unha arma no barro’), un encontro científico dedicado á difusión e avance do coñecemento sobre a prosa da autora.

O Simposio constitúe, asemade, unha actividade de intercambio científico entre o Grupo de Investigación Rosalía de Castro –que presentará publicamente os seus primeiros resultados- e destacados rosalianistas como o catedrático en estudos hispánicos e latinoamericanos na Universidade de Bristol, Andrew Ginger; a catedrática en estudos hispánicos na Universidade de Nottingham, Catherine Davies; e a catedrática en lingua e literaturas hispánicas en Stony Brook University, Lou Charnon-Deutsch.

A xornada

O encontro comezou no Centro de Estudos Avanzados coa presentación do catedrático Darío Villanueva. A continuación interviñeron as investigadoras do mencionado grupo Margarita García Candeira, María López Sández, Manus O’Duibhir e María do Cebreiro Villar. Deseguido, Catherine Davies (autora da monografía clásica Rosalía de Castro no seu tempo, do ano 1987) achegou aos asistentes a representación rosaliá do mundo natural, tendendo pontes co ecoloxismo literario.

Xa pola tarde ten lugar o relatorio ‘Rosalía de Castro, bromista: estilo y época’ a cargo de Andrew Ginger que, ao se centrar na presenza de distintas facetas do humor (burla, sarcasmo, ironía, comicidade…) na obra da autora, permitirá matizar a consideración dunha Rosalía de Castro unicamente lírica ou saudosa. Por último, Lou Charnon-Deutsch centrarase na análise das novelas rosalianas desde o punto de vista da teoría das emocións e ilustrará o xeito no que a literatura contribúe á nosa maneira de imaxinar e de vivir as relacións.

A xornada, que concede un espazo relevante aos tempos de coloquio entre as persoas convidadas e os especialistas, remata coa presentación, ás 19.30 horas, do monográfico da revista Grial ‘Novas olladas sobre Rosalía de Castro’. A decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso, clausura o encontro ás 20.00 horas.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información