O ciclo "Galicia, ceo das letras", rinde tributo a Otero Pedrayo na Cidade da Cultura
Galicia, Ceo das letras, o ciclo co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende renderlle unha homenaxe a grandes autores clásicos da literatura, regresa á programación da Cidade da Cultura cunha homenaxe ao gran patriarca das letras galegas: Otero Pedrayo. Un relatorio a cargo do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e unha peza teatral darán corpo a este novo “sábado de autor” que tamén contará coa presenza do escritor, editor e presidente da Fundación Otero Pedrayo, Víctor Freixanes; ademais dunha sesión paralela para os máis pequenos.
Figura central do galeguismo cultural e político, posuidor dunha cultura enciclopédica e fondo coñecedor da sociedade rural galega da época, Otero Pedrayo será protagonista na Cidade da Cultura a través das palabras dun dos maiores coñecedores da súa vida e obra: Ramón Villares, do que cómpre recordar que é ensaísta e Catedrático de Historia Contemporánea, e que foi reitor da USC e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea.
Casa Hamlet en escena
A sesión Otero Pedrayo. Notario de todas as cousas contará tamén coa posta en escena dunha pequena peza teatral a cargo da compañía Casa Hamlet, que regresa o ciclo Galicia, Ceo das Letras coa obra Fidalgo. Trátase dunha peza duns corenta minutos baseada en diferentes textos de Otero Pedrayo, interpretada por Manuel Lourenzo e Rubén Espejo, co apoio musical de Brandán Lourenzo.
Actividades para pequenos lectores
Galicia, Ceo das Letras conta este ano cunha sesión paralela na que os máis pequenos se introducen no mundo de cada un dos autores dunha forma lúdica e entretida. Da man de Marta Ríos e María Lado, rapaces de 6 a 11 anos resolverán pequenos misterios sobre a vida e obra de Otero Pedrayo a través de xogos, actividades colectivas e pequenas lecturas, contando sempre coa axuda dun elenco de personaxes que os guiarán na súa investigación como se fose a procura dun tesouro.
A actividade desenvólvese nun percorrido que transcorre pola Biblioteca da Cidade da Cultura, onde os nenos van atopando actividades lúdicas do máis diverso que os achegarán ao escritor e á súa obra ao tempo que pintarán a Otero Pedrayo, escoitarán música, disfrazaranse e moitas actividades máis.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia