Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición didáctica Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago

Unha mostra didáctica sobre a historia e os contidos do Calixtino, o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época, a catedral e a cidade de Santiago no século XII e unha síntese da historia do camiño de peregrinación e os seus valores culturais poderá verse a partir de mañá día 18 de outubro na Casa de Galicia en Madrid ata o próximo día 1 de novembro.

O proxecto expositivo, organizado pola S.a. de Xestión do Plan Xacobeo da Secretaría Xeral para o Turismo en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago e co Museo do Pobo Galego, inclúe como complemento importantes exemplos da creatividade artística contemporánea, en especial as láminas orixinais de Francisco Leiro que acompañan á primeira edición íntegra en galego do Códex.

Algunhas das pezas que se poden ver nesta mostra son orixinais e outras son edicións facsímile, como unha edición Facsímile do Códice Calixtino do século XII: unha peza orixinal dun capitel xeminado medieval dunha casa compostelá; un facsímile da cruz doada polo rei Afonso III en 874 –peza de ouro e pedrería realizada en 2004-; un libro orixinal cunha escena de peregrinación con gravados do século XVI; ou un rosario de acibeche e prata do gremio de Acibecheiros de Santiago do século XIX.

Ademais, poderán verse fotografías ampliadas das miniaturas do Códice; a reconstrución virtual dun altar maior da catedral de Santiago segundo unha descrición do Libro V do Calixtino e tamén gozar da música ambiental da exposición que procede das notacións orixinais do Códice Calixtino.

A mostra complétase con textos, fotografías, a posibilidade de visión completa do Códice en edición dixital, así como diversas recreacións audiovisuais baseadas en datos do Libro V do Códice, así como un programa de visita virtual á Basílica xacobea denominado Libro de Pedra.

Artistas como Luis Gabú, Santy López, Tino Viz, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach ilustran coas súas fotografías a vixencia dunha serie de textos originais do Liber Sancti Iacobi.Tratase dunha maridaxe perfecta entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación compostelá no século XXI.

A exposición está comisariada por Francisco Singul, xefe da área de exposicións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, quen asiste hoxe á xornada de apertura da mesma. Sobre a exposición, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, comentou que “se trata dunha mostra didáctica sobre a historia e contidos do Calixtino, o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época, a catedral e a cidade de Santiago no século XII e unha síntese da historia do camiño de peregrinación e os seus valores culturais”.

A seguinte itinerancia desta exposición, que leva por nome Á luz do Calixtino. O códice de Santiago está previsto que sexa a León, onde poderá verse no Museo da cidade.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información