Os ensaios de O Profesional abren a temporada do Centro Dramático Galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre a temporada teatral 2012-2013 do Centro Dramático Galego co inicio dos ensaios do espectáculo O profesional cara á súa estrea o 5 de outubro no Salón Teatro de Santiago. Baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, un elenco integrado por catro destacados nomes da escena galega –Miguel Pernas, Ernesto Chao, Rodrigo Roel e Rebeca Montero– traballa xa na construción e interpretación dos personaxes da obra de Dusan Kovacevic, dramaturgo e director de orixe serbia e unha das grandes figuras contemporáneas da escrita dramática europea.
Realizada en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga, esta montaxe é tamén a primeira proposta escénica da nova etapa de Guede Oliva á fronte da compañía pública, que baseará a súa actividade na optimización de recursos e na procura da máxima rendibilidade social das súas iniciativas. A obra permanecerá en carteleira no Salón Teatro ata o día 21 de outubro para iniciar despois unha extensa xira por outras 12 localidades galegas e portuguesas que se prolongará ata finais do ano.
Dúo protagonista
Ambientada no Belgrado de 1990, O profesional é a historia do encontro entre Teodor Teja Kraj, un ex-activista político na oposición ao réxime do mariscal Tito e acomodado agora entre as redes do poder, e Luka Laban, o policía que durante dúas décadas lle seguiu os pasos. Na versión galega, Miguel Pernas e Ernesto Chao darán vida aos que nunha época foron perseguido e perseguidor, pero que ven agora como se inverten os seus papeis neste novo momento histórico, inmediatamente anterior ao inicio da guerra dos Balcáns.
Rodrigo Roel, como “o tolo”, e Rebeca Montero, como “a secretaria”, completan o elenco que levará a escena este texto actual e cheo de matices, a través do que o CDG propón unha reflexión histórica e desde nós no ano no que se conmemora o vinte aniversario do inicio oficial da guerra de Bosnia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia