Mar del Plata (Arxentina) acolle a mostra de paisaxes galegos “cen lugares para volver a mirada”

Cen lugares para volver a mirada
É unha exposición da Secretaría Xeral da Emigración que está a itinerar por diversos lugares do mundo para “propoñer volver a mirada cara a esta, a nosa Galicia infinita, coa intención de propoñer ao espectador unha orixinal viaxe, unha viaxe por tan só cen dos infinitos lugares cos que esta terra ben pode contribuír a esa clasificación universal de paraísos universais”.
Segundo o comisario da mostra, “a viaxe comeza no impresionante Cebreiro que recibe agarimoso a entrada en Galicia do Camiño francés e remata nesa Compostela Patrimonio da Humanidade na que, ademais da choiva, case todo é arte. No medio, 98 lugares máis. Lugares todos eles que alimentan e quitan respiracións, que enchen e encollen corazóns, que teñen alma e tocan almas. Lugares, en definitiva, para perderse ou para atoparse”.
Homenaxe ao Centro Galego de Mar del Plata
Na mesma xornada do mércores, logo da inauguración da exposición da Xunta de Galicia, o Delegado do Goberno galego, Alejandro López Dobarro, participou na homenaxe realizada polo Consello Deliberante de General Pueyrredón ao Centro Galego de Mar del Plata, con motivo do seu 60 aniversario. Neste acto, o presidente do Centro Galego, Francisco Solla recibiu unha distinción especial pola traxectoria da institución e a relevancia da colectividade galega na sociedade marplatense.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza