Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Música e poesía centran o "Atardecer no Gaiás" con 2US y María Salgado

Para todos aqueles que queiran gozar do caer da tarde en boa compañía, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece un plan de lecer único para este xoves e venres: as actuacións de 2US e María Salgado nun novo Atardecer no Gaiás. Deste xeito, haberá música popular en toda a súa extensión e versos que combinan arte e poesía.

Aproveitando a volta do bo tempo, a praza central da Cidade da Cultura converterase nunha zona de relax na que gozar de espectáculos de primeira e en pequeno formato. Tras Xoel López, Santa Rita ou a Atlántica Vapora Orquestra, esta semana é a quenda dunha das propostas máis orixinais do ciclo: a de 2US, sons da terra concentrados ao redor de dous ou tres músicos. Deste xeito, mañá xoves 19 de xullo, a partir das 21:00 horas, no Gaiás soará a música zíngara, folk étnico, swing, cabaret americano, improvisación europea, free rock, música concreta, pop ou funk, estilos todos eles que proxectan nas súas cancións. A música de 2US é para escoitar, sentir e deixarse levar ata as vodas de Bulgaria, as romarías de Galicia, os poboados de África, as praias de Brasil ou os clubs de Chicago. Espontánea e feliz; plural e rueira, pero sempre coa identidade destes instrumentistas de infinito gusto polo diferente.

Tras esta explosión de sons, o venres 20 será o día da palabra grazas á poeta madrileña María Salgado. Esta poeta low-tech vén de publicar o seu primeiro libro de poemas: Ready, unha mestura de arte e poesía que encherá o túnel do Arquivo de Galicia, onde terá lugar o espectáculo. O proxecto e indagación poética desta moza creadora concíbese a partir de tres eixos fundamentais: a crítica, a creación e a activación de espazos de edición, experimentación e intercambio, como Proxecto Contrabando. Unha oportunidade única para gozar da palabra en boa compañía.

Os dous concertos serán, como todos os do ciclo, a partir das 21:00 horas e totalmente de balde. No caso de que o tempo non acompañe, as actuacións realizaranse baixo cuberta.

Cidade en Movemento

O sábado 21 non haberá Atardecer no Gaiás, xa que a praza central estará ocupada por skaters, graffiteiros, riders de bmx, bailaríns de break dance e moito máis nunha xornada que a Cidade da Cultura dedica á arte urbana. O Gaiás convértese durante toda a xornada do sábado nunha Cidade en Movemento con espectaculares exhibicións, divertidos xogos, obradoiros para todas as idades, música en directo, proxeccións audiovisuais e unha obra de teatro para achegarlle os deportes de acción e a cultura urbana a toda a familia.

Os horarios deste día único ao redor dos deportes de acción e actividades de cultura urbana para todas as idades poderán consultarse en www.cidadedacultura.org
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información