Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O I Encontro de Artesanía de Galicia abre as portas á modernización do sector

O I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado pola Consellería de Economía e Industria e que se celebrará nos Pendellos de Agolada entre o 6 e o 8 de xullo, impulsará coa participación do deseñador de prestixio internacional Martín Azúa a incorporación á artesanía das últimas tendencias do deseño, dentro da constante aposta da Xunta por promover a innovación e a calidade no sector.

Azúa, que ten obras no MoMa de Nova York, no Vitra Design Museum ou no Museo de Artes Decorativas de Barcelona, será o encargado de dirixir un obradoiro que, baixo o título Útil, busca a colaboración entre profesionais para traspasar as barreiras tradicionais entre o deseño e a artesanía. Dirixido tanto a artesáns como a arquitectos e a deseñadores, celebrarase ao longo do sábado e o domingo, traballando con dous oficios tradicionais, o torneado en madeira e a cerámica, coa colaboración do torneiro José Suárez Regueiro e a ceramista Susana González Amado.

Ademais deste obradoiro, Martín Azúa ofrecerá no encontro de Agolada unha conferencia baixo o nome “Artesanía Deseño, unha historia para contar” o próximo venres, entre as 19:00 e as 20:00 da tarde, na que explicará como o deseño pode axudar a contemporaneizar o produto artesán e a comunicar a historia que forma parte dos obxectos, reivindicando o valor do singular que ofrecen os produtos de artesanía.

A aposta pola modernización do sector artesán estará presente nas xornadas dos Pendellos tamén a través dos postos de demostración e venda de produtos artesáns, nos que se poderá ver o traballo de medio cento de artesáns que representan un total de 16 oficios, como a olería, os instrumentos musicais populares, o téxtil, a forxa, o coiro, a ourivería, a cantería e o traballo da madeira.

Así, entre os participantes estarán a cesteira Idoia Cuesta e a zoqueira Elena Ferro, finalistas as dúas na última edición dos Premios Nacionais de Artesanía polo enfoque renovador que lle dan a estas disciplinas. Cuesta colaborou con Martín Azúa no Espazo On-Off da Cidade da Cultura, no que participaron outros cinco cesteiros galegos e en cuxo proxecto de iluminación traballou o artesán galego Arturo Álvarez, finalista nos Premios Nacionais de Artesanía.

As distintas actividades programadas para os días 6, 7 e 8 en Agolada, entre as que se inclúen, ademais da exposición e a venda de artesanía, a celebración de demostracións en vivo, talleres para nenos, conferencias, exposicións ou presentación de libros, permitirán, ademais de impulsar o sector económico da artesanía, revitalizar o conxunto de arquitectura popular do século XVIII coñecido como os Pendellos, recentemente rehabilitado. A música tradicional e o baile teñen tamén un oco en Agolada con diversas actuacións; así como a gastronomía, coa celebración de varias catas e degustación e venda de produtos, con especial atención ás denominacións de orixe existentes en Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información