23 rapaces recollen os premios do Certame Letras Galegas 2012 da Biblioteca Nodal

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presidiu o acto de entrega de premios e destacou destacou “a vontade e o espírito creativo que fomentan entre os máis xoves” este tipo de iniciativas promovidas polo centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
“A Biblioteca Provincial Nodal, o seu persoal e a súa directora teñen moi dentro unha vocación de fomento cultural que se manifesta en actividades dinamizadoras coma esta”, expuxo Arias, que recoñeceu o valor de moitos dos traballos que resultaron “tremendamente atractivos” e subliñou o “estimulantes” que son para os rapaces estes premios.
Arias Indicou que se na capital estes premios podían diluírse dentro da actualidade cultural, a súa experiencia, como residente nun concello máis pequeno, permitíalle refrendar que “a escala local (estes premios) son algo grande, fan que os autores se sintan máis seguros de si, van conformando unha sona de rapaces con valía, con preparación, chamados a ser algo na vida”.
Por último, Arias felicitou aos premiados, aos reitores das bibliotecas, ós mestres, e de xeito especial ós pais e avós, por –dirixíndose aos rapaces- “saber comprender as vosas inquedanzas, respectar as vosas afeccións, valorar o voso traballo, e por apoiarvos no que quizais só é unha anécdota da nenez ou da primeira xuventude, pero ó mellor tamén resulta que é o voso destino de pintores e escritores que o día de mañá asombraredes a todos os galegos co voso traballo, e nós poderemos presumir de ser testemuñas dos vosos primeiros pasos”.
O acto de entrega de premios desenvolveuse no salón de actos do centro. Os premiados foron outorgados logo das deliberacións dun xurado que estivo encabezado por José Carlos Rodríguez Andina, xefe de coordinación da Área de Cultura da Delegación Territorial de Lugo. Actuaron como vogais Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial Nodal; Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación, e Manuel Gulín, pintor, sendo secretario o xornalista Xulio Xiz.
A relación de premiados foi a seguinte:
NARRACIÓN
Categoría A (Ata 8 anos):
Antía Lillo Irimia. 8 anos. Biblioteca de Lourenzá
Paula Espín García. 8 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Ánxela Fernández Otero. 5 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Accésits:
Sandra Mariño Mourelle. 7 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Marco Fernández Folgosa. 6 anos. Biblioteca de Foz
Categoría B (9 a 11 anos):
Javier Álvarez Méndez. 10 anos. Biblioteca de Lourenzá
Antía Montes Coego. 11 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
María Pérez Vior. 11 anos. Biblioteca de Foz
Accésits:
Raquel Eiras Lombardero. 11 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Claudia Ares Vila. 10 anos. Biblioteca de Monforte
Categoría C (12 a 16 Anos)
Codés Lillo Irimia. 14 anos. Biblioteca de Lourenzá
Lorena Barrera López. 14 anos. Biblioteca de Burela
Uxía Fernández Vázquez. 12 anos. Biblioteca de Barreiros
Accésits:
Marina Riesco Amurrio. 15 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Lucas López Macía. 12 anos. Biblioteca da Pobra do Brollón
DEBUXO
Categoría A (Ata 8 anos):
Laura Rodríguez González. 7 anos. Biblioteca de Sober
Sara Álvarez Civeira. 6 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Brais Fernández González. 7 anos. Biblioteca de Quiroga
Categoría B (De 9 a 11 anos)
Paula Barreiro Rodríguez. 10 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Nicolás López Argiz. 11 anos. Biblioteca de Monforte
Mónica Díaz Fraga. 10 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Categoría C (12 a 16 anos)
Marina Riesco Amurrio. 15 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Irene Rico Gómez. 12 anos. Biblioteca de Burela
Lorena Neira Rodríguez. 16 anos. Biblioteca da Pobra do Brollón
Os premios están dotados con cadansúa estatuíña de Sargadelos, diploma e lote de publicacións. Os accésits, que se conceden en razón da calidade e cantidade dos traballos presentados, con diploma e lote de publicacións.
Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo