Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Agolada, I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

Nace o I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, pon en marcha en Agolada co fin de converterse nun referente no sector artesanal unindo criterios como cultural, artístico, popular, tradicional pero á vez moderno, orixinal e multidisciplinar. En definitiva, un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos nosos oficios artesanais e da cultura tradicional e popular de Galicia.

Artesanía de Galicia é fundamentalmente unha actividade comercial capaz de xerar beneficios económicos, de crear emprego e de conservar a tradición. Este será o vehículo que permita a interrelación con outros actores que compoñen a nosa cultura tradicional como a música, a danza e a gastronomía, proxectando unha imaxe fiel destes sectores económicos de gran calado en Galicia.

Agolada conta cun impresionante conxunto de arquitectura popular do século XVII pouco coñecido: os Pendellos. Este conxunto, que foi o xerme da vila actual, acolleu durante moitos anos unha feira-mercado de grande importancia na zona. A súa situación no cruzamento de camiños entre os vales do Alto Ulla e do Arnego, convertérono nun lugar de grande importancia para a celebración de mercados e intercambios periódicos dos excedentes agrarios. Conxunto histórico-artístico dende 1985, "os pendellos" encóntranse moi ben conservados, xa que se levaron a cabo unha serie de labores de restauración co fin de manter a estrutura e tipoloxía tal e como foron construídos no século XVII. A beleza e o atractivo deste marco supón un valor engadido que sen dúbida non deixará indiferentes a participantes e visitantes.

Dende a Consellería de Economía e Industria, a Consellería do Medio Rural e do Mar, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Agolada, e en colaboración coas asociacións profesionais de artesáns, deséxase dinamizar e contribuír ao desenvolvemento económico, cultural e social do sector artesanal e, en concreto, desta área xeocéntrica de Galicia poñendo en valor os seus atractivos turísticos e culturais. Durante tres días, as exposicións, as manifestacións populares máis creativas, os desfiles, as actuacións musicais, as demostracións e a venda de produtos artesanais e agroalimentarios conformarán un completo programa de actividades que lles proxectarán a todos os visitantes que se acheguen a Agolada unha fotografía fiel e integral do rico e variado deste sector económico tradicional galego.

O eixe sobre o que se vertebrará o I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia conformarano a exposición e a venda de artesanía tradicional e popular (olería, instrumentos musicais, forxa, téxtil tradicional, coiro, elaboración de zocos, guarnicionería, ourivaría tradicional, cantería, cestería e labores de palla ou a tornería de madeira, entre outros), a degustación e a venda de produtos agroalimentarios (agricultura ecolóxica, conservas artesanais, mel, viños, augardentes e licores, pan, produtos lácteos ou doces tradicionais) e as exposicións temáticas sobre oficios e actividades tradicionais como os instrumentos musicais e o traxe, actuacións de agrupacións de baile e música tradicional e as demostracións dos oficios artesanais por parte dos artesáns e artesás presentes no evento.

A axenda de actividades completarase con presentacións de libros, charlas e conferencias por parte de personalidades que poden contribuír ao exitoso desenvolvemento do I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia como é o caso do prestixioso deseñador Martín Azúa, que dará unha conferencia e conducirá un taller de deseño e artesanía, co fin de enriquecer a oferta dun evento de calidade e acorde aos obxectivos que se formula a organización.
Artesanía de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información