Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preséntase na RAG unha biografía de Barreiro sobre Manuel Murguía

“Manuel Murguía deixa o legado dun sentimento de comunidade, atemporal e integrador, un tesouro que non todos os pobos teñen”. Con estas palabras o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo dar as grazas “por este inapreciable regalo” ao destacado galeguista e quixo, tamén, facelas extensivas a Xosé Ramón Barreiro pola biografía Murguía, “un libro –dixo- que é unha homenaxe a un dos Pais Fundadores do que agora somos”.

Durante o acto de presentación, Feijóo destacou que Murguía é un home da súa época, que sentiu intensamente os ecos dos acontecementos que se producían no resto do mundo. “Manuel Murguía é, en suma, un galego español e europeo que interpreta a galeguidade como unha suma de círculos concéntricos, nos que coexisten e se enriquecen diferentes identidades. O noso arteixán non é unha barreira contra influencias alleas, senón un transmisor delas. Anticipando o que outros dirían moito máis adiante, aspira a que Galicia se impregne delas e as interprete de acordo cos nosos códigos sociais e culturais. No seu maxín, na súa obra teórica, nas súas iniciativas, desenvólvese un galeguismo que non se identifica polas súas oposicións, senón pola capacidade aglutinadora”.

Neste sentido, subliñou que a propia Real Academia é a creación dun espírito cooperativo que quere agrupar aos galegos, comulguen ou non cos seus postulados. “É a súa capacidade para tender pontes cos galegos que pensan distinto, que aman de distinta maneira á patria común, a que fai posible que esta institución consiga no futuro superar momentos turbulentos. Somos e sodes unha feliz consecuencia do talante dun home que puxo ao servizo do seu país as súas inmensas capacidades intelectuais”.

Feijóo concluíu a súa intervención lembrando que “o autor de léganos aos galeguistas de hoxe unha idea magnífica sobre o imperativo de actualizar constantemente os nosos principios”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información