Preséntase Unha aventura europea, de Domingo Goás
O libro UNA AVENTURA EUROPEA, do avogado vilalbés en Madrid Domingo Goás Chao, vai ser presentado o xoves, día 24, en Vilalba, e o día 25, venres, na capital lucense.A presentación de Vilalba efectuarase no Centro Cultural e Recreativo, e en Lugo na sala Sargadelos. En ámbolos dous casos, será ás 20,00 h.
Nas presentacións intervirán o autor, o Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado e o xornalista Xulio Xiz. Nos dous casos os actos son públicos, invitándose a cantos desexen asistir, que serán agasallados con cadanseu exemplar do libro.
Domingo Goás Chao é o Presidente da Cofradía do Capón de Villalba, e foi
o primeiro avogado español que interveu en Estrasburgo diante da Comisión Europea dos Dereitos Humanos. Precisamente o libro aborda, entre outros temas, esta “aventura europea” no xa lonxano 1980.X.X.


