Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O conselleiro de Cultura salienta a figura de Paz-Andrade como exemplo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou a figura de Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012, como un exemplo para as xeracións futuras. Así o expresou na entrega do premio ao CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo), polo traballo presentado ao certame escolar para a elaboración dunha exposición multidisciplinar arredor da figura do homenaxeado. Unha serie de carteis nos que, tal e como explicou o conselleiro “conseguistes sintetizar en imaxes e palabras a inmensa obra de Valentín Paz-Andrade; un autor, e cito un dos vosos carteis, ‘polifacético e incansable cun único obxectivo: servir a Galicia’”.

Ademais de ‘Valentín Paz-Andrade, galego de corazón’, do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao - que acadou o premio na modalidade dos centros de educación infantil e primaria- neste certame resultou galardoada – na modalidade para os centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e FP- ‘Colleita do 1989’, do IES Xoán Montes (Lugo), ao que o conselleiro entregou o premio o pasado luns.

Vázquez Abad explicou que felicitou a todo o profesorado e a todo o alumnado do CEIP polo seu traballo. “É un pracer ver como a colaboración entre docentes e estudantes de distintas aulas e niveis dá uns resultados tan positivos: uns carteis alegres coma a festa que celebramos, cheos de luz e cunha unidade que reflicte a perfecta coordinación e o traballo en equipo que estes materiais teñen detrás”, dixo.

“Semente dunha Galicia próspera”

Respecto do exemplo de Paz-Andrade, o conselleiro salientou o seu “traballo constante a prol de Galicia e da súa lingua”, que “debe animarvos a vós, rapaces e rapazas do CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao, a formarvos para serdes no futuro, coma el, semente dunha Galicia cada vez máis próspera e tamén a esforzarvos sempre, dende hoxe e para sempre, por dignificar a lingua galega e abrirlle todas as portas do mañá”. “Paz-Andrade, ademais, comprendeu ben que o progreso material e económico da nosa comunidade non sería posible sen o paralelo progreso da súa cultura e da súa lingua propia”, engadiu.

“Vendo o voso traballo, rapaces e rapazas, estou seguro de que seredes capaces de aproveitar as oportunidades de aprender e de medrar nestes e noutros aspectos do saber que vos brinda o profesorado do CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao, a quen aproveito para agradecer o seu labor e entrega”, rematou.

Traballo pluridisciplinar

A través destes traballos, as alumnas e alumnos presentan a obra e a época do autor homenaxeado desde unha perspectiva pluridisciplinar, implicando a varios departamentos do centro educativo na tarefa. Así, a Consellería, impulsora do certame, contribúe a fomentar a colaboración interdepartamental nos colexios e institutos, así como a implicación activa do profesorado e o alumnado.

O certame, organizado no marco de actividades desenvolvidas pola Consellería na lembranza de Paz-Andrade este anos no que se lle dedica o 17 de maio, constitúe unha oportunidade para convidar ao estudantado a que reflexione sobre a situación sociolingüística da nosa lingua propia na época concreta do autor. Procúrase, ao tempo, a dignificación e normalización do galego, así como enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega. De feito, as exposicións gañadoras imprímense para seren distribuídas en máis de 1.600 puntos de Galicia e o exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información