Claudio Rodríguez Fer, doctor honoris causa pola universidade de Alta Bretaña
Claudio Rodríguez Fer foi profesor invitado de Literatura Española e Hispanoamericana na Universidade de Alta Bretaña en 1995 e, dende entón volveu decenas de veces a disertar ou a recitar poesía a Bretaña, onde tamén exerceu como profesor visitante na Universidade de Bretaña Sur en Lorient.A súa poesía foi traducida a numerosas linguas do mundo, incluídas o francés, no libro Voyages à toi (Viaxes a ti), e o bretón, no libro Muioc'h kalz eget mil bloaz (Moito máis que mil anos). Ademais, participou en varios congresos en Bretaña e publicou alí moi diversos escritos. Froito das súas estancias nos países celtas son moitos dos seus poemas, recollidos no libro Amores e clamores, e dos seus relatos, recollidos no libro Contos e descontos, así como a súa memoria Meus amores celtas, publicada en Unión Libre.
A Universidade da Alta Bretaña concedeu o título de Doutor Honoris Causa a outros escritores hispánicos, como o peruano Mario Vargas Llosa, o chileno Jorge Edwards ou o franco-español Jorge Semprún, pero Claudio Rodríguez Fer será o primeiro galego ao que se lle faga tal distinción. A súa investidura está prevista na Universidade da Alta Bretaña, en Rennes, para o 28 de xuño.
C.R.F.


