Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O S8 Mostra de Cinema Periférico rescata as primeiras obras de La Cuadrilla

Así o anunciaron no Salón de actos da Real Academia de Bellas Artes, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, María Faraldo, a concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Ana Fernández, o vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, Jorge Coira, e o director da Mostra, Ángel Rueda.

Do 30 de maio ao 3 de xuño no Centro Cultural ÁGORA da Coruña, a Mostra acollerá dentro do ciclo Ópera prima 'La Cuadrilla antes de La Cuadrilla (1981-1986): de la gamberrada punk al cine familiar'. Nel proxectaranse os primeiros traballos rodados en Super 8 de Santiago Aguilar, Luis Guridi e Raúl Barbé. Corría o ano 1979 na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense, cando un grupo de mozos coñécense e conforman La Escuadrilla Lafayette, máis tarde convertida en La Cuadrilla. E empezan a filmar co que tiñan máis a man: unha cámara de Super 8.
“No (S8) rescatamos esas cintas esquecidas, 30 curtametraxes en Super 8 e 6 curtas en 35 mm, seminal mostra dun xeito de ver a vida, o cine e o humor dos autores que máis tarde nos entregaron inclasificables fitos do máis negro sainete patrio como Justino, un asesino de la tercera edad, Matías juez de línea o Atilano presidente”, afirma Ángel Rueda, “coa que gañaron un Premio Goya á mellor dirección, e coa que finalizaron a triloxía coñecida como España por la puerta de atrás”, sinala.

Ademais das proxeccións dos seus traballos, o (S8) acollerá un encontro dos autores co público onde “nos amosarán os seus procesos de creación e explicaranos as súas primeiras experiencias cinematográficas”, indica o director da Mostra. Actualmente desenvolven a súa actividade cinematográfica como guionistas e documentalistas de programas de televisión, entre os que destaca a serie 'Cámara Café'. Ademais Santiago Aguilar é un dos responsables do plan de dixitalización dos fondos da Filmoteca Española.

A Academia Galega do Audiovisual aposta pola formación no (S8)
A 3ª edición do (S8) presta especial atención ás súas actividades didácticas, que nesta ocasión contarán coa participación da Academia Galega do Audiovisual. Este ente encargarase de promocionar o evento e divulgar as actividades didácticas entre os profesionais do sector co obxectivo de fomentar a participación e incrementar os seus coñecementos. E é que o (S8) é “un espazo de aprendizaxe”, explica Rueda, no que os profesionais poderán asistir a un taller especializado sobre cine en 16 mm, dirixido a artistas e a creadores audiovisuais, que impartirá do 4 ao 8 de xuño a directora norteamericana Naomi Uman. Tamén haberá un espazo para os máis pequenos, que poderán descubrir as orixes do cine a través dun obradoiro que terá lugar o sábado e o domingo, 2 e 3 de xuño, e que se realiza en colaboración coa Embaixada de Canadá ao redor da figura de Norman Mclaren.

Detrás da organización deste proxecto atópase a Asociación Cultural eSe8, con sede na Coruña, creada co fin de fomentar as periferias do cinema e a súa recuperación, en especial do formato do Super 8, e todas as vertentes do cinema como expresión artística. Para conseguilo eSe8 promove a organización de eventos, producións e contidos específicos como esta Mostra, que conta co apoio do Concello da Coruña. Este encontro traerá unha estimulante mostra de cinema experimental e de vangarda, tomando como punto de partida e de referencia o Super 8.
Cristina Domínguez (responsable de prensa do S8)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información