Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

600 alumnos de primaria festexan a lingua galega na Cidade da Cultura

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora na celebración da Festa da Lingua que promove anualmente a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca), que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia. Ao acto de inauguración asistiu o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García, quen animou os escolares dos centros católicos “a seguir participando na promoción da lingua propia de Galicia, no eido literario e en todos os eidos da vida, e mais a seguir desfrutando da ledicia de termos un idioma coma o galego”.

No marco desta celebración, daranse a coñecer os galardoados na categoría de primaria do Premio Frei Martín Sarmiento, que resolve o alumnado votando polas súas novelas favoritas. García Gómez valorou a participación dos rapaces e rapazas na resolución deste certame e indicou que “esa mesma participación activa a prol da lingua se espera de vós no futuro”. Ademais, durante a Festa da Lingua, celébranse obradoiros variados e encontros dos rapaces e rapazas cos seus escritores favoritos.

O incremento constante da participación nesta celebración obrigou á organización a celebrar este ano a festa en varias localidades galegas, co fin de repartir o alumnado en distintas localidades. Ademais de en Santiago, a Festa da Lingua celebrouse en Ourense o 19 de abril e en Pontevedra o 24 do mesmo mes. Deste xeito, a iniciativa que impulsa a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca) en colaboración con Cultura e Educación reunirá na presente edición máis de 1.000 alumnos e alumnas de primaria de diversos centros de ensino pertencentes á federación.

Colaboración de Ferega con Cultura e Educación para promover o uso da lingua

Ferega está a desenvolver un amplo programa de actuacións destinadas a impulsar o uso do galego na súa actividade, no marco do convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Neste sentido, distribúe modelos de documentación e manuais de galego para o persoal de administración dos centros e material para as principais festas do ano litúrxico, o servizo Remol e material pastoral en galego, libros de oracións infantís e folletos coas respostas da misa en galego.

Canto ás actuacións dirixidas á docencia, o convenio inclúe a realización de cinco cursos de formación para o profesorado, ademais doutras xornadas e actuacións informativas destinadas a favorecer a normalización deste colectivo, entre as que destaca a VIII Xornada de Normalización Lingüística Ferega-Ceca, así como a posta en marcha do “Intercambiador de material didáctico” en liña. Para o alumnado, inclúe, ademais desta nova edición da Festa da Lingua, a V Edición do Concurso de Curtametraxes “Rec-Curta” e a IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información