Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Concello de Lugo contará cunha ordenanza de uso do galego

O Tenente-alcalde do Concello de Lugo, o nacionalista Antón Bao, presentou o que será a Ordenanza de uso do Galego na Administración Municipal de Lugo. A ordenanza será aprobada no vindeiro pleno do concello de Lugo e contará, segundo Antón Bao, “co apoio de todos os grupos políticos con representación no pleno”. Bao destacou que “é moi importante o consenso de todos os grupos políticos á hora de aprobar esta cuestión xa que a lingua de todos non debe ser unha arma de debate político” e aproveitou para “agradecer a colaboración e o traballo dos voceiros de todos os grupos, tanto do goberno como de oposición, para elaborar este documento e chegar a acordos sempre coa mellor das predisposicións”. Bao personalizaou na persoa de Arcadio Silvosa, vice-voceiro do PP, o seu agradecemento pola súa participación neste proceso.

Antón Bao sinalou que “este era un compromiso do acordo de goberno, a normalización do idioma no conxunto do concello e esta ordenanza è o instrumento para garantir o desenvolvemento dese proceso de novo impulso ao noso idioma”. Bao incidiu en que “a situación do galego, con perda continuada de falantes, e usuarios precisa de compromisos claros das administracións públicas. Este paso dado polo concello è un exemplo da responsabilidade contraída para co noso idioma”.

O concello de Lugo terá, a través desta ordenanza, unha ferramenta para desenvolver a Lei de Normalización Lingüística de Galiza, Antón Bao indicou que “con esta ordenanza, o concello de Lugo, amplìa o seu grao de acciòn e preséntase como impulsor do incremento da presenza do galego na sociedade lucense”.

Antón Bao lembrou que o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega recolle como un dos seus artigos que “un dos obxectivos das corporacións locais debe ser o de consolidar o seu papel normalizador por medio da xeneralización do uso do galego como principal lingua de traballo e comunicación cos seus administrados”

No ámbito de aplicación da norma está previsto que sexa a totalidade de departamentos e actuacións do Concello de Lugo e todos os organismos que del dependan -padroados, organismos autónomos, sociedades autónomas municipais, etc... O regulamento tamén se aplicará a todas as empresas adxudicatarias ou concesionarias do concello, así como ás de explotación mixta.

No documento, presentado hoxe, queda estipulado que o Concello de Lugo manterá un Gabinete de Normalización Lingüística co obxectivo de impulsa-la normalización lingüística a tódolos niveis e coordina-las accións necesarias para dar cumprimento ó espírito do propio regulamento.
Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información