Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Lingua de Namorar dinamizará o galego entre a xuventude na Rede

Con motivo da dobre celebración, o 17 de maio, do Día das Letras Galegas e mais do Día de Internet, as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, respectivamente, presentaron hoxe en rolda de prensa o concurso de declaracións de amor en galego vía internet “Lingua de namorar”.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recordou durante a presentación que o galego é actualmente “a lingua que preferimos para falar coa xente que queremos: os amigos, a familia, as persoas que temos preto”, mais que pode ser tamén “a lingua que usemos para dirixirnos a persoas descoñecidas e iniciar relacións novas que, se comezan en galego, se manterán en galego”. García Gómez destacou tamén que o noso idioma, “que foi lingua de namorar na Idade Media, pode seguir séndoo hoxe e esperamos que así o entenda a mocidade galega”. Neste sentido, indicou que “o prestixio literario que tivo e ten a lingua galega debe complementarse co que hoxe ofrecen outros medios, coma internet”.

Neste mesmo senso, Ovidio Rodeiro, director xeral de Xuventude e Voluntariado, fixo fincapé en que a promoción do idioma galego é necesaria e, por iso, lembrou que é unha das prioridades da primeira Lei de Xuventude de Galicia.

Plan xeral de normalización da lingua galega

Os obxectivos da nova iniciativa son fomentar a participación en galego da mocidade, aumentar a presenza do noso idioma en internet e animar ao seu uso nas relacións interpersoais, de acordo co establecido polo Plan xeral de normalización da lingua galega nos ámbitos da mocidade e das novas tecnoloxías.

Xuventude 2013, unha estratexia para a mocidade galega
“Lingua de namorar” contribúe tamén, no marco do Plan Estratéxico Xuventude 2013 deseñado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ao fomento da lingua galega entre a mocidade. Ao fío disto, explicou o director xeral que unha vez que no Parlamento se aprobe a Lei de Xuventude de Galicia, as políticas de promoción e dinamización do galego entre a mocidade formarán parte dos sucesivos Plans Estratéxicos de Xuventude, “que todos os gobernos estarán obrigados a redactar e aprobar no Consello da Xunta en cada lexislatura”, apuntou.
Para concluír, Rodeiro explicou que “con esta iniciativa garantimos os principios de transversalidade e de coordinación administrativa que deben rexer todas as políticas de xuventude, incluíndo as de dinamización lingüística”.

Bases do concurso

Ata o 17 de maio, os mozos e mozas que queiran participar poderán inscribirse e colgar as súas declaracións, de menos de 350 caracteres, na páxina web www.xunta.es/linguagalega/linguadenamorar, onde se poden consultar as bases do concurso. Todas as declaracións serán visibles nese mesmo web, onde figurarán de forma anónima, para que, a partir do Día das Letras Galegas e Día de Internet, as persoas que o desexen poidan votar polas que máis lles gusten.

As bases establecen dúas categorías -unha para mozos de 14 a 19 anos e outra para mozos de 20 a 35- e tres premios por categoría consistentes en produtos tecnolóxicos coma un iPad, unha wii ou un libro electrónico, entre outros.

Difusión a través de axentes dinamizadores locais e educativos
O secretario xeral de Política Lingüística mostrou o seu desexo de contar coa axuda das entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística e mais dos equipos de dinamización da lingua galega na difusión desta iniciativa, polo que agradeceu a súa colaboración.

A mocidade, un sector social prioritario para a dinamización lingüística
O galego é a lingua de maior uso social en Galicia. O 56,4% da poboación maior de 5 anos fala sempre en galego ou máis galego ca castelán, segundo se desprende dos datos da ECVFG-2008, e os que falan sempre en galego constitúen o 30% da poboación. Malia todo, a xuventude adoita utilizar máis o castelán. En consecuencia, as franxas de idade máis novas constitúen un dos principais retos para a lingua galega, así como o sector da poboación onde se fai máis necesaria unha actuación planificada para promover o uso do idioma.
Secretaría Xeral de Política Lingüística (Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información