Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O pop rock español protagoniza o XII Festival do Norte en Vilagarcía

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na presentación do Festival do Norte de Vilagarcía, que celebra a súa duodécima edición os días 27 e 28 de abril no recinto feiral Fexdega. Consolidado como unha das principais citas do calendario de festivais de música en Galicia, este ano ofrece as actuacións dun total de 18 grupos e dj’s con Los Enemigos, Fangoria, Love of Lesbian, Lori Meyers, La Casa Azul, El Columpio Asesino, Pegasvs e Polock como cabezas de cartel.

Durante a súa intervención no acto de presentación, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero, incidiu na traxectoria do Festival do Norte como modelo a seguir no que se refire á súa capacidade organizadora, viabilidade e creación de marca. Estas características transmiten, ademais, confianza cara á concreción de posibles patrocinios privados, facilitando deste xeito a consolidación e continuidade deste tipo de iniciativas.

Nova liña de axudas

Neste mesmo sentido, asegurou que a Agadic continúa apostando polos festivais de calidade, tanto a nivel artístico como organizativo, a través da creación da nova liña de subvencións que convocou esta mesma semana. Coa posta en marcha destas axudas, que reservan un total de 180.000 euros para os festivais música, a Consellería de Cultura e Educación busca optimizar os recursos públicos destinados a estes eventos, de xeito que o orzamento dispoñible sexa distribuído de acordo cunha serie de criterios cuantificables obxectivamente, así como da valoración do interese, singularidade e relevancia artística e cultural dos seus carteis.

Tomás Fole, alcalde de Vilagarcía de Arousa, e Pablo Bandín e Antonio Caneda, de Producciones Independientes Culturales, organizadora do Festival, participaron tamén nesta presentación, durante a que Fasero fixo fincapé na combinación entre patrocinio privado, apoio institucional e respaldo do público como a fórmula que garante a viabilidade dos festivais de música.

Como en anteriores edicións, o Festival do Norte celébrase en torno a tres escenarios: o Estrella Galicia, para os grupos cabeza de cartel; o Jack Daniel, onde actuarán Klaus & Kinski, Nancy Rubias, Varry Brava, Los Pilotos, Dirty Socks e Disco Las Palmeras!, e a carpa FDN Dance Club, onde terán lugar as sesións de dj’s.

A venda anticipada dos bonos para os dous días e con dereito a acampada, así como das entradas para cada unha das xornadas, está dispoñible na web www.servinova.com. O recinto, á carón do que se habilita a zona de acampada, abrirase o venres 27 ás 17.00 horas.

Ademais, a Radio Galega ten prevista unha emisión especial de 10 horas desde o festival, que inclúe a participación dos alumnos dos institutos da comarca como protagonistas dun programa que, baixo o título “Busca o teu norte”, se emitirá o sábado pola mañá desde o Auditorio Municipal.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información