Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Destínanse case 5 millóns de euros ao audiovisual e as industrias culturais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as liñas de subvención a producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega, cunha dotación global de 2.900.000 euros, e ás industrias culturais, ás que destina un orzamento de 1.290.000 euros distribuído entre cinco modalidades: actividade escénica, programa crédito-cultura, salas escénicas, distribución e asociacionismo profesional.

Coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 75) de ambas liñas de apoio, a Consellería que dirixe Xesús Vázquez Abad completa a convocatoria do programa anual de subvencións ao sector cultural que xestiona e financia a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e dentro do que se insire, así mesmo, a nova liña de axudas a festivais escénicos e musicais publicada tamén esta semana por un importe de 360.000 euros. En total, a Agadic destinará un orzamento de 4.550.000 euros ao sector cultural galego a través destas tres convocatorias de subvencións, que comparten como obxectivos fundamentais a salvagarda da produción cultural e o mantemento dos postos de traballo nas empresas culturais.

No que se refire ás subvencións ao audiovisual, a súa prioridade é fomentar a produción e a realización de películas de valor cultural que non poderían ser producidas sen axuda dos fondos públicos e que contribúan á diversidade do panorama cinematográfico galego e europeo. A forma destas axudas é a de subvención a fondo perdido e as porcentaxes subvencionables por parte da Agadic sitúanse entre o 35% e o 50% do investimento da produción correspondente, en función da modalidade na que se inscriba.

Cine, televisión e documentais

A estas subvencións poderán optar varias categorías de proxectos, que deben ser presentados por produtoras independentes domiciliadas en Galicia: longametraxes (longametraxes cinematográficas de animación, ficción ou documental; ópera prima ou segunda longametraxe, e películas para televisión) e longametraxes documentais (de creación ou de difusión cultural). Como criterio común, todas as propostas deberán ser realizadas en lingua galega cun decidido contido artístico e cultural.

O prazo de presentación de solicitudes esténdese dende mañá e ata o vindeiro 19 de maio. A partir dese momento, constituirase unha comisión integrada por expertos independentes propostos polas principais asociacións do sector que valorará os proxectos en función da súa contribución cultural e creativa, da utilización de recursos galegos (rodaxe en Galicia e con empresas galegas de servizos) e da súa viabilidade.

Nova categoría para a distribución interior
Pola súa banda, as subvencións ás industrias inclúen en 2012 unha nova categoría de apoio á distribución de espectáculos dentro de Galicia e recuperan a modalidade dirixida ao asociacionismo profesional. Un 54,26 por cento do seu orzamento (700.000 euros), resérvase ao apartado de actividade escénica (modalidade A) para a produción de novas montaxes, dentro da que se contemplan cinco subapartados referidos a empresas de nova creación, á produción de espectáculos de pequeno formato, de mediano formato e de gran formato, e á produción de espectáculos de novas tendencias.

A partida para o programa crédito-cultura mantense en 10.000 euros, a través dos que a Agadic busca facilitar o acceso das empresas culturais ao financiamento bancario cara á produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural, mentres que outros 70.000 euros corresponden á modalidade C, a través da que se promove o desenvolvemento da programación de artes escénicas que levan a cabo as salas de titularidade privada.

O apartado de distribución (modalidade D) incrementa en 150.000 euros a súa dotación respecto a 2011 para situarse este ano en 450.000 euros, introducindo un novo apartado especificamente dirixido á distribución interior, que se suma ás liñas de apoio á distribución dos espectáculos escénicos e musicais galego fóra da nosa Comunidade e á asistencia a feiras e mercados dos diferentes ámbitos culturais. Por último, as axudas ao asociacionismo profesional volven xestionarse este ano a través da convocatoria de axudas ás industrias culturais, cunha dotación de 60.000 euros para este apartado (modalidade E).

O período de presentación de solicitudes finaliza o 19 de maio, agás nas excepcións especificadas para as modalidades B e D. Neses casos, a concesión é automática unha vez certificado que o solicitante reúne todos os requirimentos esixidos. Para o resto, a documentación recibida na forma e prazo establecidos será avaliada por unha comisión.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información