Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Presentouse a III Semana do Libro e da Lectura en Lugo

Tivo lugar, no salón de actos da Deputación, a presentación da III Semana do Libro e da Lectura que organiza a Área de Cultura da Deputación na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, e que nesta ocasión vai xirar en torno a algo tan presente na nosa cultura como é a superstición. No acto participou o delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro. A Semana do Libro e a Lectura arrancará o vindeiro domingo día 22 ás 12 da mañá, coa actuación de Pablo Trasno, que fará soñar aos nenos coa maxia, a risa, a emoción e a tenrura do seu espectáculo; e rematará o sábado día 28 ás 12, coa Fábula Galénica Fantoches Baj.

Como afirmou Mario Outeiro, “como en edicións anteriores, esta semana terá por obxectivo a realización de actividades relacionadas co libro, a lectura e a cultura por parte dos centros de ensino, para os que hai actividades pola mañá, e para as familias, en horario de tarde”. Como lembrou o delegado de Cultura, “esta semana tivo un grande éxito en anteriores adicións, e nesta tamén o está a ter, xa que todas as horas que os centros de ensino tiñan dispoñibles para traeren aos alumnos e alumnas están ocupadas, co cal ao longo dalgunhas mañás da semana que vén pasarán polo pazo de San Marcos ao redor de 400 nenos e nenas dos centros de ensino de Lugo. Polo tanto, agardamos que esta terceira Semana do Libro e da Lectura se volva a converter nun espazo no que as palabras sirvan para transportar aos nenos e nenas a mundos imaxinarios, cheos de fantasía, no que os máis novos pola súa imaxinación e creatividade sexan os protagonistas”

Esta III Semana do Libro e a Lectura será un espazo aberto e dinámico no que os pequenos e pequenas, os libros, a fantasía, a ilusión e a creatividade serán os protagonistas. As actividades da mañá, dirixidas a centros de Educación Primaria e Educación Secundaria tanto da cidade como de outros concellos da provincia e realizadas en horario lectivo, incluirán cantacontos e distintos obradoiros de ciencias, cociña, elaboración de monicreques, oralidade, ilustración ou de traballo con cartón. Achegarán aos nenos e nenas ao mundo do libro, fomentarán neles o gusto pola lectura e desenvolverán as súas capacidades creativas. As actividades para público en xeral son dirixidas a familias, que poderán disfrutar delas a partires das 18:30 horas, e pretenden amosar a parte máis lúdica da lectura. Hai dende contacontos ata representacións teatrais e talleres de costura. A mostra compleméntase coa exposición permanente de ilustradores e ilustradores e dos materiais elaborados polo alumnado dos centros de ensino participantes.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información