Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Centro Coreográfico Galego e Contra 2 estrean en maio o espectáculo Gharbo!

Cultura e Educación apoia o espectáculo de música e danza 'Gharbo!', coproducido polo Centro Coreográfico Galego e a compañía Contra2

A directora do CCG, Mercedes Suárez, participou hoxe na presentación dunha parte da peza diante de mediadores culturais e medios de comunicación

A unidade da Agadic prestou asistencia artística e técnica aos promotores da montaxe, así como asesoramento durante todo o proceso de creación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, a través da coprodución emprendida co Centro Coreográfico Galego (CCG), a estrea e difusión do espectáculo de música e danza titulado Gharbo!, creado pola compañía coruñesa Contra2. O equipo técnico e artístico da montaxe ofreceu hoxe diante de público especializado a representación dun fragmento da peza como avance da estrea que terá lugar os próximos 10 e 11 de maio no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Con esta iniciativa, Cultura e Educación establece novos canles de colaboración cos colectivos e profesionais galegos da escena, que pasan polo asentamento de sinerxías de traballo compartido entre a Administración e o ámbito privado e inclúen tarefas conxuntas que van desde o deseño dos espectáculos ata a súa materialización e distribución mediante a prestación de servizos e materiais.

A directora do CCG, Mercedes Suárez, participou na introdución deste pase previo que se desenvolveu no Centro Cultural Ágora coa asistencia de mediadores culturais, programadores e medios de comunicación, como primeira acción cara a promoción desta proposta escénica e, ao tempo, como colofón á residencia que os artífices do espectáculo realizaron nos últimos tres días nese espazo do Concello da Coruña.

Multidisciplinar e anovador
Suárez referiuse a Gharbo!, única coprodución de 2012 da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) dependente da Consellería de Educación e Cultura, como un espectáculo “multidisciplinar e anovador”. Explicou tamén que o plano de coprodución, que non implica ningún tipo de asignación económica, si contempla porén o traballo conxunto realizado durante varios meses entre o CCG e a compañía Contra2, no tocante sobre todo á asistencia artística, musical e técnica (de luz e son), cesión de elementos escenográficos de atrezzo e vestiario, ademais dun servizo de análise, asesoramento e planificación de estratexias de xestión, financiamento e comercialización.

Convocatoria pública
Para a consideración deste proxecto, escollido mediante convocatoria pública, valorouse especialmente a súa calidade e interese artístico, a traxectoria profesional e solvencia da compañía e dos artistas e a súa achega ao desenvolvemento e á renovación das artes escénicas en Galicia.

Gharbo!, con dirección coreográfica de Iván Villar e dirección musical de Nelson Quinteiro, está interpretado por un elenco de 3 bailaríns (co tándem formado por Iván Villar e Pastor Rodríguez apoiado por Quinteiro en momentos puntuais) e 4 músicos (Nelson Quinteiro, Ricardo Rozas, Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero). Estes últimos prestan as súas voces a xeito de asubíos e coros, ademais de conformar un novo ambiente sonoro como resultado da interpretación en directo con guitarra, zanfoña, acordeón, pedais e percusión dos arranxos musicais practicados a xotas, maneos, muiñeiras, pasodobres, alalás ou tangos.

Trátase da segunda montaxe de sala da compañía Contra2, que propón desta volta unha fusión entre a música e a danza tradicionais con novas formas musicais e de movemento máis experimentais. Preséntase así a fusión das danzas tradicional, clásica e neoclásica con outros sistemas de expresividade que evocan á danza moderna e mesmo ao flamenco, aínda que sen perder nunca a esencia da tradición galega.

A acción de Gharbo! desenvólvese cunha escenografía simbólica e compartida, que representa un típico galpón ou chabola mariñeira e onde o espazo convértese nun ente propio e emocional que fala das lembranzas e das actitudes colectivas e de cada un dos intérpretes. O termo Gharbo! significa para eles esa capacidade compartida de saír adiante, ese trasno, maxia, elegancia e desenvoltura no movemento corporal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información