Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Teatro de Ningures presenta a obra 0,7% Molotov sobre a compra de conciencias

O Salón Teatro de Santiago acolle tres funcións de 0,7% Molotov, a última produción da compañía Teatro de Ningures, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. A peza, que lle valeu ao dramaturgo pontevedrés o Premio Rafael Dieste de Escrita Dramática e pola que figura como finalista aos Premios Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Autor Teatral en Galego e aos María Casares como Mellor Texto Orixinal, poderá verse no escenario do Centro Dramático Galego (CDG) o venres 16 e sábado 17 ás 20.30 horas; así como o domingo 18 ás 18.00 horas.

A actriz Rocío González e o actor Salvador del Río interpretan a unha neohippy solidaria que acaba de chegar de África (Ela) e a un nihilista solitario (El) que a contrata para facer a vendima. Ela descobre un lugar no que atopar unha identidade libre de conflitos, no que ser auténtica; e El está de volta dunha vida urbana hipócrita e consumista, na que vendeu a conciencia e a coherencia política en cómodos prazos.

Armando Martén e Ana Beatriz Pérez, bailaríns da compañía de danza Entremans, acompañan os monólogos interiores dos dous personaxes, reflectindo co movemento o que El e Ela están pensando.

Personaxes en conflito

0,7% Molotov trata con ironía e humor o tema do compromiso político e a dificultade de adoptalo sen caer en contradicións. A obra amosa personaxes en conflito con eles mesmos e cos demais, que procuran a liberdade, a felicidade e a identidade. Deste xeito, a través do personaxe masculino, ponse de manifesto a frustración ante a imposibilidade de cambiar un mundo desigual e inxusto, onde a solidariedade e o compromiso poden entrañar un discurso hipócrita. Escéptico e desencantado, pasou de mozo soñador a socialdemócrata acomodado, consciente de que o mundo occidental aspira a manter o seu estilo de vida consumista. Pola contra, Ela, aínda que vive cos seus propios conflitos de identidade, está convencida de que as cousas poden mudar. Idealista, enérxica e cooperante, procura o seu lugar no mundo.

Na produción de Teatro de Ningures colaboraron Paco Alfaro no deseño da iluminación, Anxo Graña na música, Pablo Giráldez “O Pastor” na escenografía e Marina Bañobre no vestiario.

As entradas para as tres funcións de 0,7% Molotov poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo de cada representación. Tamén se poden adquirir por adiantado na billeteira electrónica a través do teléfono 902 43 44 43 ou da web http://entradas.novagaliciabanco.es. O prezo das localidades é de 10 euros para as funcións do venres e do sábado (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven, desempregados e determinados colectivos profesionais) e de 5 euros para o domingo, día do espectador.

Tralo paso deste espectáculo, o Salón Teatro continuará a súa programación o vindeiro xoves 22 co concerto de presentación do disco Sarahyba a cargo do grupo Liorna, o primeiro dos incluídos no Ciclo ST Música Presente 2012.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información