O VIII proxecto didáctico Antonio Fraguas achega aos escolares o patrimonio lingüístico galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas presentaron, no Museo do Pobo Galego, a VIII Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que ten como obxectivo favorecer o achegamento dos escolares ao patrimonio lingüístico e cultural galego.
En palabras do secretario xeral de Política Lingüística ‘os galegos somos, tamén, a lingua que falamos e ela expresa mellor que ningunha outra a nosa maneira de pensar e de vivir’, por iso “este proxecto didáctico esixe un traballo activo co idioma e para a Xunta de Galicia é fundamental que esta tarefa se faga en lingua galega”.
Esta iniciativa, dirixida aos centros educativos de Galicia, baséase na realización dun programa de investigación sobre o patrimonio etnográfico, lingüístico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato dos centros. A novidade deste ano é a pescuda sobre o patrimonio lingüístico, contemplada por primeira vez dentro desta convocatoria para proxectos didácticos. Así entre todas as propostas presentadas elixiranse dous traballos, un na modalidade de ensino primario e outro en secundaria, que serán premiados con 7.000 euros cada un.
O premio dedicarase integramente á realización do proxecto, que deberá desenvolverse durante o seguinte ano lectivo, en coordinación co Museo do Pobo Galego, co fin de favorecer a súa posterior exposición. Toda a información relativa ao concurso pode atoparse en http://www.museodopobo.es/nova.php?idnova=93
Educación patrimonial
Coa súa colaboración neste premio, a través da Consellería, a Xunta quere alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, así como favorecer o coñecemento do medio e contribuír á posta en valor dos máis diversos elementos da cultura galega.
Os proxectos gañadores
Os dous proxectos didácticos que resulten gañadores desta oitava convocatoria desenvolveranse durante o curso escolar 2012-2013. Os proxectos galardoados en anos anteriores con este premio abordaron diversas facetas relacionadas, entre outros, co ámbito mariñeiro, no que se enmarcan traballos como O mar, do Colexio Público de Ensino Primario de Xuño; O patrimonio das pesqueiras do Miño, do IES Pedra da Auga de Ponteareas e do IES Pazo da Mercé das Neves; e As embarcacións tradicionais da comarca de Ferrol, do IES Concepción Arenal de Ferrol.
Do mesmo xeito os hórreos do concello de Ribeira de Piquín, os muíños de auga no concello de Foz ou as fábricas da luz de Rechinol, Portodís e Portochao foron outros dos temas do acervo cultural galego sobre os que afondaron os traballos didácticos galardoados na traxectoria do proxecto.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia