Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Expertos exploran a potencialidade da ilustración para a proxección da cultura

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, afirmou que, nas últimas décadas, as ilustradoras e os ilustradores galegos levan sido “unha excelente carta de presentación da creatividade galega no ámbito internacional”. O responsable de Cultura fixo estas declaracións durante a apertura do congreso internacional Ilustrando a Diversidade, promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do proxecto Campus Culturae.

Esta iniciativa congrega ata o xoves 23 de febreiro profesionais do sector de Galicia e de diversos países, que ofrecerán unha visión do estado actual da ilustración a través do seus diversos soportes. Neste sentido, o secretario xeral asegurou que “o diálogo multicultural nos diferentes campos creativos é imprescindible para coñecerse e para darse a coñecer, para contribuír á diversidade das culturas e para afianzar un espazo internacional para a propia”.

Anxo Lorenzo destacou durante a conferencia inaugural que Galicia conta cunha “rica historia de ilustradores que fai xurdir entre a nosa tradición artística unhas características propias e definibles” e fixo un breve percorrido pola historia para situar a construción da ilustración en Galicia no marco da cultura galega.

“Deste percorrido, que temos que coñecer e poñer en valor para poder trazar liñas de futuro, podemos ir albiscando xa algúns dos desafíos que temos por diante e que discorren en paralelo ás liñas e reflexións actuais do conxunto das industriais culturais”, dixo. Para abordar estes retos, Anxo Lorenzo apostou por favorecer o desenvolvemento económico, xa que “a ilustración é unha actividade que xera emprego e que mobiliza recursos económicos e industriais”.

Así mesmo, incidiu no interese de “continuar impulsando cara ao exterior iniciativas creativas de empresas e de autores, para favorecer a internacionalización do sector”, así como na necesidade de aproveitar as posibilidades que ofrecen os medios dixitais para impulsar proxectos, máis viables e sostibles, e novas iniciativas de traballo”. Finalmente, destacou “os ámbitos nos que Galicia é unha potencia creadora e industrial no sector da ilustración, como o caso do audiovisual, para seguir apostando por eles”.

Nota de prensa remitida polo Gabinete de Comunicación da USC:

CampUSCulturae reúne ata o xoves 23 a 150 expertos e investigadores de nove países europeos e americanos para explorar as posibilidades da ilustración como canle para a diversidade, a interculturalidade e o pluralismo, dentro do congreso ‘Ilustrando a diversidade’. O encontro abordará contidos relacionados co libro ilustrado, a literatura infantil, a promoción da lectura de libros ilustrados, o cómic e a novela gráfica, a animación e as novas formas de ler imaxes.

O acto oficial de inauguración celebrouse este luns 20 no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación coa asistencia do reitor Juan Casares; da vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; xunto aos que tamén estiveron os coordinadores do proxecto CampUSCulturae, Xosé A. Neira e Irena García, e o decano da facultade compostelá, Xosé Pereira.

A xuntanza celebrarase coa participación de expertos procedentes de toda España, Holanda, Italia, Francia, Colombia, Brasil, Arxentina, Venezuela e Portugal, como unha ocasión de escoitar e disertar cos expertos en ilustración, arte, lectura, novela gráfica, cómic, álbum ilustrado e animación que participarán nas conferencias plenarias, mesas redondas e obradoiros que conforman a oferta académica e formativa do congreso.

Logo da sesión inaugural, a primeira das intervencións programadas foi a o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, coa conferencia ‘Ilustración e cultura galega’ ao que lle seguiu a primeira conferencia plenaria que co título ‘Os nenos do mar’ impartiu a ilustradora Carme Solé Vendrell. Pola tarde é a quenda da presentación de comunicacións e a inauguración da mostra ‘IlustraMundos’

Na xornada do martes 21, o programa principiará ás 10.00 horas coa presenza da ilustradora Mónica Weiss para pronunciar a primeira das conferencias plenarias da sesión, falando sobre ‘ Multiculturalidade e libros ilustrados. Luces, sombras, latexos e pantasmas no xardín americano’. A partir das 11.00, o investigador Márcio Danilo Mota se referirá á ‘Autoidentificación infantil nos debuxos animados: a conceptuación postmoderna do arquetipo do heroe’. Logo destas dúas plenarias, as persoas asistentes poderán participar dunha entrevista coa ilustradora Elena Odriozola.

Pola tarde será a quenda dunha serie de catro obradoiros formativos sobre ‘ Libros ilustrados de autor’, a cargo de Carme Solé; ‘Do álbum ilustrado ao cinema de animación’, coordinador por Marcos López e Zé Carlos Pinto; ‘Reciclando a ilustración’, do que se encargará Machiel Braaksma; e ‘Variacións’, a cargo de Marc Taeger. A mesa redonda ‘Arte e ilustración: binomio ou redundancia’ dará continuidade ao programa da sesión e nela participarán Mónica Weis, Carme Solé, Marc Taeger e David Pintor, moderados pola crítica Fátima Otero. Esta xornada rematará cun espectáculo a cargo do actor Joshua McCarey.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información