Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Gala da Cultura, proba da “Galicia, célula de universalidade”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou os premios da Gala da Cultura organizada pola Deputación da Coruña como a proba da “Galicia, célula de universalidade”, dun país “sen muros nin fronteiras que nunca veu no alleo unha ameaza, senón un complemento”.

O responsable do Goberno galego afirmou que estes premios dan fe de que Galicia é “unha paixón ininterrompida”. “Vencella a diferentes xeracións e faise presente en todas as épocas. Galicia non ten soamente un século de ouro cultural. Os seus creadores douran todos os séculos cunha vontade que aquí faise de novo evidente”.

Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que desa célula xa forman parte “o grupo Pülsar e o seu rock cercano e natural, o traballo en artes gráficas de Sonia Higuera, o ilustrador Iván Suárez, o guionista Ignacio Vilariño e o músico Javier Martínez Campos”. “Nesa Galicia aberta a todos os ventos da cultura –engadiu- están os artistas Fruela Alonso, Berta Álvarez Cáccamo e Antonio Carbajo Villaverde. Tamén Víctor Hugo Costa Alonso e a pintora Victoria Diehl López. Carlos Maciá, Yolanda Martínez Dorda e José Andrés Santiago Iglesias, son partícipes desa liña de continuidade da actividade cultural. Manuel Guede é un nome asociado ao teatro galego. Esther Bendahan Cohen, en fin, tráenos os ecos de Sefarad que soan tamén na nosa terra”.

O presidente da Xunta afirmou que esa universalidade foi alimentada así mesmo por galegos adoptivos, “por homes que non naceron entre nós pero que se fixeron nosos polo seu traballo e as súas iniciativas”. E, neste sentido, destacou a necesidade de lembrar a un salmantino imprescindible para entender a cultura galega destes últimos trinta anos. “Falo –dixo- de Germán Sánchez Ruipérez, creador de Edicións Xerais. Quixo a esta terra, e da súa man viron a luz creacións literarias que enriquecen o noso patrimonio espiritual”.

Feijóo concluíu resaltando que os galardoados e as persoas que prestan o seu distintivo a estes premios son a expresión dun pobo que precisa da cultura para sobrevivir. “A cultura non é superflua en ningures. Pero en Galicia a cultura expresa ademais o desexo de seguir sendo como somos, de ser partícipes da civilización universal desde as nosas raigañas. Cada libro, cada banda deseñada, cada acorde, cada gravado desa selección de galegos, é unha contribución á nosa liberdade. Eles fixéronnos e fannos máis libres. Grazas a eles sabemos que as armas fundamentais desta terra son a palabra, a imaxe, o son”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información