Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Centro Coreográfico Galego deseña unha peza de "A Sinfonía das Fábulas”

O Centro Coreográfico Galego colabora coa Banda de Música Municipal de Silleda no deseño e interpretación dunha das coreografías que integran A sinfonía das fábulas, espectáculo central do concerto especial de Nadal da formación pontevedresa. Baixo a dirección de Rafa Agulló, o recital celébrase o sábado 17 de decembro, ás 21.00 horas, no auditorio da Fundación Semana Verde de Galicia.

A directora da unidade de danza da Agadic, Mercedes Suárez, creou para a ocasión unha coreografía inspirada na fábula de Esopo A lebre e a tartaruga, a partir do terceiro movemento de A sinfonía das fábulas, unha composición para banda de música asinada pola estadounidense Julie Giroux. Os bailaríns Elena Chamorro, no papel da lebre, e Miguel Ángel Ponte, no da tartaruga, interpretan unha peza na que os movementos clásicos e as zapatillas de punta empréganse para dotar de velocidade e axilidade ao personaxe da lebre, mentres que no caso da tartaruga óptase por un estilo contemporáneo para incidir na lentitude dos seus movementos e nos seu permanente contacto co chan.

Espectáculo multidisciplinar

Do mesmo xeito que nas tres edicións anteriores do seu concerto especial de Nadal, a Banda de Silleda conta con achegas artísticas procedentes doutros ámbitos da cultura para configurar un espectáculo multidisciplinar, que cada ano se articula arredor dun eixo temático.

Neste caso, A sinfonía das fábulas pon en escena outros catro movementos coas colaboracións de Títeres Cachirulo na interpretación de O león e o rato de Esopo; o contacontos Celso Fernández Sanmartín e o frauta solista Fran Seoane, en O frautista de Hamelín dos irmáns Grimm; o artista plástico Marcos Escudero “M’arte”, na ilustración con area de O parrulo feo de Hans Christian Andersen, e a compañía Teatro del Andamio, na fábula tradicional escandinava Os tres cabritiños.

A Banda de Música Municipal de Silleda iniciará este concerto con Fanfarria para un aniversario, de Eernesto García Climent. Trala interpretación de A sinfonía das fábulas, o recital concluirá con Celtic Child, de Bert Appermont.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información