Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A mostra Cadernos escolares: redaccións, copias, ditados, no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) aos responsables da mostra ‘Cadernos Escolares: redaccións, copias ditados...’, unha exposición temporal cedida polo Centro Museo Pedagóxico da Universidade de Salamanca, da que poderán gozar os visitantes ata o 27 de xaneiro.

Neste encontro, ao que asistiu, entre outros, o director do Museo Pedagóxico da universidade salmantina, Bienvenido Martín Fraile, o conselleiro salientou o importante valor patrimonial do material da mostra. Ademais explicou que o MUPEGA - dependente da Consellería de Educación - colabora na exposición cunha importante achega de material escolar – cadernos, etc- procedente dos seus fondos, e que constitúen un valioso patrimonio que recolle o acontecer diario das escolas de antano. Este material reflicte ademais os antigos currículos didácticos, permitindo un repaso pola historia da educación en España desde dentro.

As pezas que se poderán contemplar no MUPEGA son, ademais, recordos do traballo infantil das xeracións anteriores, que reflicten o seu esmero diante do rigoroso exame da inspección educativa do que eran obxecto.

Esta mostra é un novo expoñente do albor desenvolvido polo MUPEGA a prol da posta en valor do patrimonio pedagóxico da nosa terra. Quen desexen gozar dela poden facelo no horario habitual de visita do museo, de martes as sábados, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, con entrada gratuíta.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información