Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Salón Teatro acolle a coprodución do CAT e o CDG "La noche de Max Estrella"

O Centro Andaluz de Teatro (CAT) chega a Galicia con La noche de Max Estrella, espectáculo producido en colaboración co Centro Dramático Galego (CDG) que subirá ao escenario do Salón Teatro de Santiago do xoves 1 ao domingo 4 de decembro. Francisco Ortuño dirixe esta proposta realizada a partir dunha das obras cumio da literatura española do século XX, Luces de bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán, e interpretada en solitario por Carlos Álvarez-Nóvoa no papel de Max Estrella.

Enmarcada na conmemoración do 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán, esta coprodución forma parte dun acordo subscrito entre a entidade dependente da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o centro teatral da Agencia Andaluza de Instituciones Culturales que ten por obxecto favorecer o intercambio de experiencias profesionais entre os seus respectivos ámbitos xeográficos. Neste caso, a colaboración materializouse a través das achegas de dous galegos como parte do equipo artístico de La noche de Max Estrella: o compositor Isaac Garabatos, a cargo do deseño do espazo sonoro, e a artista visual Pilar Millán, autora das pinturas, fotografías dixitais e vídeos que dan forma ao espazo visual da montaxe.

Ambos artistas asistiron hoxe en Santiago á presentación aos medios deste espectáculo, na que tamén participaron o director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero; a directora do CDG, Blanca Cendán; o director do Centro Andaluz de Teatro e desta montaxe, Francisco Ortuño; e o actor Carlos Álvarez-Nóvoa. O Salón Teatro acollerá un total de catro funcións da obra (xoves, venres e sábado, ás 20.30 h, e domingo, ás 18.00 h), que poderá verse así mesmo no Teatro Rosalía Castro da Coruña o venres 9 de decembro.

Parábola tráxica e grotesca

A dramaturxia de La noche de Max Estrella transita por aquelas escenas do texto que inaugurou o esperpento nas que aparece o seu protagonista. O veterano actor Carlos Álvarez-Nóvoa dá vida a este Max Estrella, un poeta cego e fracasado que "conmorre" no Madrid absurdo, brillante e famento de principios de mil novecentos. A súa mala estrela deambula errante na súa última deriva nocturna polas rúas madrileñas. Acompañándoo neste vagar baixo as luces da bohemia do que bulen unhas cantas verdades, asistimos a unha parábola tráxica e grotesca da imposibilidade de vivir nun país inxusto.

Segundo explica o seu director, a percepción poética de Max é o impulso estético desta proposta teatral. O protagonista vive apreixado na súa cegueira polas alucinacións sonoras e polas súas iluminacións na sombra. Deste xeito, as fotografías e os vídeos de natureza pictórica, así como as máis de trinta pinturas realizadas en papel feito a man que compoñen o espazo visual ideado por Pilar Millán (Ferrol, 1962), tentan reflectir esa atmosfera cargada de crispación, agonía e opresión na que vive o protagonista. Este ambiente parte non só da mirada da propia creadora, senón tamén da visión do director, do actor e mesmo do autor, quen deixou constancia no texto do efecto estético e anímico que perseguía.

Licenciada en Belas Artes, esta galega afincada en Barcelona desenvolve unha interesante traxectoria como artista visual, que na actualidade focaliza cara a producións persoais nas que non falta a compoñente social. Pola súa banda, Isaac Garabatos (Vigo, 1975) é especialista en harmonía contemporánea e combina as súas composicións para numerosos proxectos escénicos e audiovisuais co seu labor á fronte de Sul Producións.

Dentro do suxestivo espazo sonoro que o compositor vigués construíu como espello do queixume vital de Max Estrella, destacan os efectos sonoros, o tratamento das voces da vintena de actores e actrices que participaron na gravación de escenas e a creación de distintas tensións ou atmosferas sonoras, ademais dos temas musicais compostos e gravados especialmente para a produción.

Ortuño, actual director do CAT e profesional de ampla experiencia como director e actor teatral, contou tamén con outras destacadas achegas artísticas para a posta en escena deste proxecto. É o caso de María Puche, deseñadora do espazo escénico e da iluminación; Carmen de Giles, creadora do vestiario; e Rafael Abolafia, encargado da dramaturxia visual e sonora, ademais de exercer como axudante de dirección.

Venda de entradas

As localidades para as catro funcións de La noche de Max Estrella en Santiago están xa a venda a través da páxina web entradas.novagaliciabanco.es. Poden adquirirse, asemade, no despacho de billetes do Salón Teatro, que permanecerá aberto dende dúas horas antes do comezo de cada representación. O seu prezo é de 10 euros de xoves a sábado –con descontos do 40 por cento para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven, desempregados e determinados colectivos profesionais– e de 5 euros o domingo, día do espectador.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información