Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preséntase o primeiro volume da Poesía completa ilustrada de Rosalía de Castro

O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, participou na presentación do primeiro tomo da colección Rosalía de Castro. Poesía Completa Ilustrada, editado por el Patito Editorial, que leva por título La Flor. A mi Madre e está ilustrado por Fausto. O director xeral asegurou que “coa primeira entrega desta colección tan coidada queda demostrado unha vez máis que a mensaxe de Rosalía medra constantemente”. O acto contou coa participación da editora, Gemma Sesar, e o ilustrador do libro, Fausto Isorna.

Francisco López destacou, no acto celebrado na Galería Metro de Santiago, que esta colección “achéganos a unha Rosalía menos frecuentada, a esa grandísima poeta de vinte anos que escribía os poemas de La flor, ou a esa Rosalía de vinte e seis anos, que expresaba a súa dor e a súa soidade nos versos de A mi madre”. Francisco López subliñou como este tipo de iniciativas amosan “a nosa capacidade expresiva non ten límites, e que a nosa achega resulta imprescindible para a riqueza intelectual do mundo, na variedade e na confluencia de todas as identidades culturais”.

No seu discurso, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos gabou a figura de Rosalía afirmando que “tiña ese dominio exquisito da palabra, ese dominio que lle permitía romper os moldes clásicos do verso para lles dar novas harmonías, xurdidas dun talento excepcional”. “Coa primeira entrega desta colección tan coidada queda demostrado unha vez máis que a mensaxe de Rosalía medra constantemente”, engadiu.

Doutra banda, Francisco López deixou constancia do traballo da Xunta de Galicia no ámbito da promoción do libro galego. Neste sentido, o director xeral lembrou como “traballamos por facilitar o acceso lector a través da Rede de Bibliotecas de Galicia e a través das accións que se desenvolven en colaboración cos profesionais libreiros, e tamén para levalo ás cotas de exportación que merece, a través das feiras internacionais do libro, da tradución e da difusión polos medios ao noso alcance fóra do espazo xeográfico da nosa comunidade”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información