Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Consorcio Audiovisual de Galicia participa por primeira vez en calidade de novo membro no congreso de Cine-Regio organizado na cidade italiana de Lecce

Esta asociación, formada por membros de distintas entidades rexionais europeas, conta co apoio do programa INTERREG IIIC. O principal obxectivo de Cine-Regio é establecer relacións e intercambio de experiencias entre os membros e coordinar os distintos sistemas de axudas ao audiovisual que hai nas rexións para promocionar o desenvolvemento audiovisual en Europa. Durante o congreso presentouse a páxina web da asociación, www.cine-regio.org, que informará sobre as particularidades dos distintos membros da asociación e recollerá as publicacións habituais de Cine-Regio en forma de newsletter, así como os actos e eventos que se organizan dende a entidade. Neste espazo na rede colgarase a base de datos, con información de axudas de fondos públicos rexionais, que se creou grazas ao acordo de Cine-Regio co Observatorio Europeo do Audiovisual para traballar conxuntamente na recompilación e actualización dos contidos. Un encontro interesante foi o que tivo lugar, en forma de grupo de traballo, entre produtores e institucións para estudar, dende os dous puntos de vista, os problemas que se atopan á hora de cumprir as condicións de axudas de cada rexión para sacar adiante un proxecto en coprodución. Intentouse deseñar posibles estratexias que facilitasen acordos entre rexións membros de Cine-Regio, como a de crear un fondo de axudas ao desenvolvemento de proxectos, idea que tivo boa acollida por ambas partes, ou a intención de habilitar un foro de proxectos na web da asociación para buscar coprodución. Os membros de Cine Regio presentes no Congreso foron os 5 fundadores, Film Founds Wien (Austria), Rótterdam Film Found (Holanda), Wallimage (Bélxica), MFG Baden Wurttenberg (Alemaña), Provincia de Lecce (Italia) e os novos membros da asociación, sendo España o país con máis rexións representadas: Consorcio Audiovisual de Galicia, Institut Català de les Indústries Culturals, IVAC- La Filmoteca, Conseil Regional Provence Alpes cote D’azur (Francia), Film i Väst (Suecia), Screen South (Gran Bretaña), Poem (Finlandia) e The Westdanish Film Foundation (Dinamarca).
Consorcio Audiovisual de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información